From Wikipedia, the free encyclopedia
A rodocrosita (do grego rhodon que significa rosa) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é MnCO3 (contén aproximadamente un 61% de MnO).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Rodocrosita | |
---|---|
Cristais de rodocrosita | |
Fórmula química | MnCO3 |
Clase | Carbonatos |
Sistema cristalino | Triclínico |
Cor | Rosa, vermella, parda e agrisada |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 3,5-4 |
Fractura | Irregular |
Exfoliación | Perfecta, segundo as caras do romboedro basal |
Raia | Branca |
Densidade | 3,3-3,6 g/cm3 |
A rodocrosita preséntase en forma de cristais de formas pouco definidas formando agregados empenados, radiados ou en forma de estalactitas e costras. A súa cor característica é a rosa aínda que tamén pode adoptar outras como a vermella ou a parda, sendo a máis rara a rodocrosita de cor gris.
Ademais a rodocrosita pode conter na súa composición diferentes elementos engadidos. Segundo a aparición destes, podemos diferenciar 3 minerais que forman parte da serie isomorfa da rodocrosita. Estes son o ferro (rodocrosita de ferro), o calcio (rodocrosita de calcio) e o zinc (rodocrosita de zinc).
Este mineral crece en filóns hidrotermais e en rochas metamórficas, facendo tamén aparición en zonas de oxidación. Adoita asociarse á limonita, á rhodonita e ó cuarzo.
Dous dos xacementos máis importantes do mundo atópanse na Arxentina e no Colorado (Estados Unidos).
En España podémola atopar en Huelva e Cáceres, en xacementos de silicatos de manganeso e calcita respectivamente.
Debido a que ten unha gran concentración de MnO na súa composición, a rodocrosita é utilizada como mena para a extracción de manganeso.
É utilizada tamén en xoiería e como pedra ornamental.
Outros carbonatos de importancia son a calcita e a aragonita.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.