Cacareco foi un rinoceronte femia criada entre os zoolóxicos de São Paulo e Río de Xaneiro, nada probabelmente no Río de Xaneiro en 1954[1] e finada en 1962[2]. Nas eleccións de outubro de 1959 para concelleiro da cidade gañou cerca de 100.000 votos[3]. Daquela a elección era realizada con cédulas de papel e os electores escribían o nome de seu candidato de preferencia.

A idea de propoñer o animal como candidato foi do periodista Itaboraí Martins, en protesta contra o baixo nivel dos outros 450 concorrentes. Cacareco foi un dos máis famosos casos de voto nulo en masa da historia da política brasileira ó converterse na "candidata" máis votada da consulta; o partido máis votado non chegou a 95.000 votos[4].

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.