From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Richard Claverhouse Jebb, nado en Dundee o 27 de agosto de 1841 e finado en Londres o 9 de decembro de 1905, foi un político e tradutor escocés.
Foi tamén un dos meirandes tradutores (das linguas clásicas ao inglés) da súa época.
Fillo dun avogado e neto dun xuíz, emprendeu unha carreira escolástica na Charterhouse School e no Trinity College, en Cambridge. Tras algúns recoñecementos convértese en profesor de grego en Glasgow do 1875 ao 1889, para despois pasar a Cambridge desde o 1889, onde permaneceu no cargo ata a súa morte. Casou en 1874 e no 1891 elíxeno membro do parlamento e foi distinguido co título de cabaleiro en 1900. Só á súa morte obtivo recoñecemento a nivel mundial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.