futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Ricardo "Richard" Moar Ríos, nado en Ordes o 20 de setembro de 1953, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.
Richard | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ricardo Moar Ríos | ||
Nacemento | 20 de setembro de 1953 (71 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ordes | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1972–1980 | Deportivo da Coruña | 151 | (0) |
1980–1985 | Valladolid | 116 | (1) |
1985–1987 | Deportivo da Coruña | 51 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Na tempada 1972–73 debutou moi novo co Deportivo da Coruña en Primeira División, participando en 3 encontros, aínda que descendendo o equipo galego esa mesma campaña a Segunda División quedando penúltimo na clasificación. Estivo presente no descenso do club galego na tempada 1979–80 a Segunda B.
Na tempada 1980–81 foi contratado polo Real Valladolid, volvendo así a Primeira División. No club valisoletano estivo 5 tempadas, conseguindo na tempada 1983–84 a Copa da Liga.
Na tempada 1985–86 volveu ao Deportivo da Coruña de Txutxi Aranguren, onde estivo dúas campañas. Habitual no cadro titular durante as dúas tempadas, compartiu posición na zaga con xogadores como Antonio Dacosta, Silvi, Miloš Hrstić, Portela ou Froilán Maldonado. Na tempada 1986–87, adestrados por Eusebio Ríos, estiveron preto de ascender a Primeira División.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.