Alamania
reino xermano medieval From Wikipedia, the free encyclopedia
Alamania (Alamannia en latín),[1] citada por primeira vez no ano 289, tamén chamada Ducado de Alamania, Reino bárbaro de Alemaña, Reino de Alemaña ou Reino dos alamanos, aínda que non designa un territorio unificado gobernado por un só rei, senón unha confederación de pequenos reinos que cohabitan nunha zona xeográfica, foi un dos reinos xermánicos establecidos na provincia romana da Xermania Superior, con territorios hoxe en Suíza, Baden-Württemberg e Alsacia.[2] Os mapas das Tableaux synoptiques del Histoire de Maurice Griffe identifícana como a fronteira galorromana de Siagrio en 476. O Reino dos alamanos estendeuse, por tanto, pola Galia romana. Case toda a súa nobreza morreu asasinada nun masacre en 746, coñecido como o masacre de Cannstatt (hoxe esta localidade é un barrio da cidade de Stuttgart).[3]
Alamannia (la) ducatus Alamannorum (la) | |||||
Epónimo | Alamáns | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | século III | ||||
Disolución | 909 ↔ 917 | ||||
Sucedido por | Reino franco, Ducado de Suabia e duchy of Alsace (en) | ||||
Historia
Os alamanos eran orixinariamente unha alianza de varias tribos, todas pertencentes aos xermáns occidentais, que eran, antes de migrar ao rededor do río Main superior, un dos principais afluentes do Rin, en Alemaña. Unha das fontes máis recentes é o cognomen Alamannicus adoptado por Caracalla, que gobernou o Imperio Romano entre 211 e 217, e que se proclamou a si mesmo como vencedor destas tribos, coas que estableceu unha alianza. A natureza desta alianza segue sendo incerta. A alianza volveuse agresiva e os xermanos atacaron a provincia romana da Xermania Superior cando tiveron a oportunidade.
A partir do século I o Rin converteuse na fronteira entre a Galia romana e os poblos da Xermania. Os pobos xermanos e celtas situábanse a longo das dúas beiras. Estes territorios foron divididos polos romanos en dúas partes: a Xermania Superior (ao sur) e a Xermania Inferior (ao norte), ambas pertencentes á zona xeográfica do alto Rin.
A Xermania Superior siutábase entre o Rin e o Danubio superiores, incluíndo a Selva Negra, e era máis ampla que na actualidade. Os romanos chamárona Agri Decumates (os Campons Decumanos). O sentido de Decumates perdeuse e foi obxecto de moitas disputas. Segundo o clasicista inglés Michael Grant, a palabra probabelmente refírese a un termo celta antigo,[4] indicando a división política da rexión en 'dez cantóns'. A única referencia antiga ao nome Agri Decumates aparece no libro de Tácito Germania.[5]
Os romanos crearon o limes de Xermania, un conxunto de fortificacións establecidas na beira oeste do Rin, na provincia de Xermania Superior. Os guerreiros alamanos atravesaron a miúdo o limes para saquearen a provincia e logo retirarse aos Campos Decumanos despois de feitas as súas incursións. Pero foi na forma de confederación en que se asentaron, ao final do século IV, na meseta suíza e en parte da actual Baviera, o Tirol e, máis ao oeste, nos Vosgos alsaciáns, e chegaron as vales alpinos no século VIII.
Á caída do Imperio Romano, Alamania quedou baixo o dominio dos francos, e máis tarde formou parte do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.