From Wikipedia, the free encyclopedia
A estreliña riscada ou estreliña común (Regulus ignicapilla) é un dos paxaros máis pequenos de Europa, aínda máis que o seu parente a estreliña do norte, á que se semella moito.
Estreliña riscada | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho en Inglaterra | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Regulus ignicapilla' (Temminck, 1820) | |||||||||||||||
Disrtibución aproximada
Verán Todo o ano Inverno |
Son paxaros duns 9 cm de lonxitude que pesan só entre 4 e 6,5 gramos. Ten unha envergadura de ás que vai dos 13 ós 16 cm. O seu aspecto é moi semellante ó da estreliña do norte: teñen o lombo verde amarelado, a barriga gris, as ás son máis escuras e teñen dúas listas brancas. A súa marca distintiva é a lista branca que lles vai sobre os ollos, que é algo máis intensa de cores que na outra especie. A liña negra sobre esta lista branca está algo máis marcada que na estreliña do norte. Os dous sexos son case iguais, agás pola pequena crista que teñen na cabeza e que erguen na época reprodutora, que nos machos é alaranxada e nas femia máis amarelada.
Aliméntanse de arañas, insectos e larvas.
A estreliña de Madeira, antigamente considerada unha subespecie (R. i. madeirensis) da estreliña riscada, é agora considerada unha especie independente co nome científico de Regulus madeirensis. Ten unha lista superciliar máis curta, a crista é dun laranxa máis escuro e o bico máis longo.
Viven en bosque de coníferas ou mixtos e en parques. Non dependen tanto do bosque de coníferas como a estreliña do norte e a súa área de distribución non chega tan ó norte coma a desta. Viven preferentemente no sur e centro de Europa. As aves das zonas de distribución máis setentrional son migratorias.
Os niños, que teñen forma de bóla, están feitos con musgo, liques e teas de araña. Son construídos polas femias que os penduran case sempre na parte inferior dunha póla. Poñen entre sete e once ovos, que chocan as femias unhas dúas semanas. Os pelachos voan aos 17 días de nacidos. Habitualmente crían dúas niñadas ó ano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.