From Wikipedia, the free encyclopedia
O proceso de recuperación da lingua hebrea tivo lugar en Europa e Palestina contra o final do século XIX e comezos do século XX, e a través del, o emprego da lingua cambio dende o uso litúrxico do xudaísmo a lingua falada e lingua escrita no día a día de Israel. O proceso comezou cando os xudeus comezaron a chegar a Palestina na primeira metade do séxulo XIX e empregaron o hebreo como lingua franca.[1] Porén, produciuse un desenvolvemento paralelo en Europa no que o hebreo cambiou dende lingua litúrxica a lingua literaria[2] o cal xogou un papel determinante nos programas educativos.[3] O hebreo moderno, xunto co árabe moderno, foi oficializado en Israel dende o mandato británico de Palestina, unha situación que continuou dende a Declaración de Independencia de Israel de 1948. Máis que un proceso puramente lingüístico, a recuperación do hebreo foi empregado pola modernización xudía e movementos políticos, e converteuse nun dos piares asociados ó asentamento da terra, ó sionismo[4] e á política israelí.
O proceso de recuperación do hebreo no uso regular é único, non existindo outros exemplos dunha lingua natural sen ningún falante nativo. Adquiriu millóns de falantes nativos e non existen outros exemplos dunha lingua sacra que se convertese en lingua nacional.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.