From Wikipedia, the free encyclopedia
A realización é o proceso polo cal se crea un produto audiovisual e abrangue dende a etapa de desenvolvemento do mesmo até a distribución. A realización supón asumir decisións tanto a nivel artístico como produtivo e a limitación só vén dada polos medios técnicos dispoñibles (orzamento do que se dispón e equipo co que se conta) e polos requisitos de programación. No caso de grandes producións nas que están involucradas importantes empresas produtoras pode estar limitada pola propia liña editorial e a ideoloxía de quen encarga o produto.
Independentemente do tipo de produto do que se trate, en xeral, un proceso de realización segue as seguintes etapas:
Na edición on-line, o material orixinal utilízase en tódalas etapas do proceso. Na edición off-line, emprégase unha copia do material orixinal (polo xeral "queimando"- imprimindo na pantalla- o código de tempo) para despois ensamblar unha copia de traballo, que funcionará como unha guía para crear a versión final (on-line)..
O control de realización ou CR é o lugar dende o que se levan a cabo os procesos precisos para que se produza a gravación ou emisión dun contido audiovisual. Este control está composto á súa vez por unha serie de operadores que levan a cabo diversas funcións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.