From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Chancillería de Granada foi un alto tribunal para a administración de xustiza herdeiro da Chancillería de Cidade Real que se trasladou a Granada en 1505, despois de ser incorporada a Castela. Tiña xurisdición sobre Andalucía, Estremadura, A Mancha, Murcia e as illas Canarias.
Ao longo do século XVI adquiriu maior poder, gobernada polo Real Acuerdo (o presidente e os oidores), estaba composto polo presidente, 16 oidores, 4 alcaldes da Corte, 3 alcaldes de fidalgos, 2 fiscais e un numeroso grupo de oficiais distribuídos en 6 salas de xustiza, 4 do civil, 1 do criminal e 1 de fidalgos. Durante o século XVIII foi perdendo poder e competencias ao crearse a figura do intendente asemade Estremadura e Andalucía occidental quedaron fóra da súa xurisdición.
Por real decreto do 26 de xaneiro de 1834 foi substituída pola Audiencia Territorial de Granada, os seus fondos documentais consérvanse no Arquivo da Real Chancillería de Granada.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.