From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Balompédica Linense é un club de fútbol español da cidade de La Línea de la Concepción, na provincia de Cádiz. Foi fundado en 1912 e actualmente xoga na Segunda División B Española, categoría á que ascendeu en 2011 desde a Terceira División.
RB Linense | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Balompédica Linense | ||
Alcume(s) | La Balona, La Recia | ||
Fundación | 1912 | ||
Estadio | Municipal de La Línea de la Concepción, La Línea de la Concepción, Cádiz, España | ||
Inauguración | 1969 | ||
Capacidade | 18.500 | ||
Presidente | Alfredo Gallardo Salvador | ||
Adestrador | Rafael Escobar | ||
Liga | 2ªB - Grupo 4 | ||
2011-12 | 2º | ||
Na rede | |||
http://www.realbalompedicalinense.tk/ | |||
| |||
O estadio da Real Balompédica Linense é o Estadio Municipal. Foi construído en 1969 cun esmerado deseño que o dotou dunhas magnificas características técnicas. Co paso dos anos a deterioración das instalacións fíxoo incómodo e anticuado. Nunha remodelación parcial das súas instalacións, realizada no 2003, se acodicionaron os locais pertinentes para situar neles a sede da Real Balompédica Linense á vez quese construíu unha cafetería e un restaurante. A mediados de 2009 comezou a implantación dunha superficie de céspede artificial no feudo balono, polo cal, o equipo tivo que disputar o seu primeiro encontro como local no municipal de Los Barrios.
No estadio sitúase a sala de trofeos do club, chamada sala de Trofeo Francis Negrón, e as salas de prensa e oficinas.
O aforamento da instalación é aproximadamente de 4.500 espectadores en tribuna, 6.000 en preferencia, e 4.500 en cada fondo; en total aproximadamente uns 19.500 espectadores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.