From Wikipedia, the free encyclopedia
Rattle and Hum é un álbum híbrido de estudio e ao vivo da banda irlandesa de rock U2, publicado o 10 de outubro de 1988 a través do selo Island Records. O disco estivo acompañado dun documental dirixido por Phil Joanou, sendo lanzado o 27 de outubro dese mesmo ano coa distribución de Paramount Pictures. O álbum foi producido por Jimmy Iovine. Tras o éxito do anterior disco da banda, The Joshua Tree, o proxecto Rattle and Hum captura as súas continuas experiencias coa música de raíces estadounidense na xira Joshua Tree Tour, incorporando aínda máis elementos de blues rock, folk rock, e gospel ao seu son.
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Rattle and Hum | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de U2 | ||||
Publicado | 10 de outubro de 1998 | |||
Gravación | 1987–1988 | |||
Duración | 72:27 | |||
Xénero(s) | rock | |||
Selo(s) | Island Records | |||
Produtor | Jimmy Iovine | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Aínda que Rattle and Hum tiña a intención de representar á banda rendendo homenaxe a músicos lendarios, algúns críticos acusaron a U2 de tentar situarse entre as filas deste tipo de artistas. A recepción crítica tanto para o álbum como para a película foi mixta; un editor de Rolling Stone falou da "emoción" do álbum; outro cualificouno de "equivocado e grandilocuente".[1] A película recadou só 8,6 millóns de dólares, pero o álbum foi un éxito comercial, alcanzando o número un en varios países e vendendo 14 millóns de copias. O sinxelo principal "Desire" converteuse na primeira canción número un da banda no Reino Unido, chegando ao número tres nos Estados Unidos.[2] Ante un estancamento creativo e unha reacción crítica contra Rattle e Hum, U2 reinventouse nos anos 90 a través dunha nova dirección musical e imaxe pública.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.