músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Rami Jaffee, nado nos Ánxeles (California) o 11 de marzo de 1969, é un teclista estadounidense, membro do grupo The Wallflowers. Colaborou tamén con Foo Fighters, Soul Asylum ou Pearl Jam.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1969 (55 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | Fairfax High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | pianista, produtor musical |
Período de actividade | 1989 - |
Xénero artístico | Música rock |
Instrumento | Órgano Hammond |
Selo discográfico | Columbia Records |
Páxina web | ramijaffee.com |
Jaffee comprou o seu primeiro teclado aos 13 anos. Moi cedo comezou a tocar en varias bandas locais mentres asistía á Fairfax High School. Durante os seus anos de instituto, a miúdo pasaba o tempo en The Kibitz Room, un pequeno bar que sería unha influencia importante na súa carreira musical.
Rami tivo unha breve etapa no Santa Monica College despois do instituto, pero decidiu que ía aprender máis coa experiencia de tocar música en directo. Empezou a facerse famoso polos Ánxeles mentres desenvolvía o seu son único no teclado nalgunhas bandas locais. Axiña Rami tería unha gran demanda para gravar en estudios de música.
Contra o ano 1989, Jakob Dylan e o seu amigo Tobi Miller formaron o grupo "The Apples", e estaban na busca dun teclista. Durante a súa busca, o nome de Rami Jaffee apareceu constantemente, pero foi inicialmente rexeitado debido a que non tocara en demasiados grupos. Jaffee oíu falar da busca de Dylan grazas a un amigo seu, e tras oír algunhas demos do grupo, aceptou rapidamente. Rami aceptou pola necesidade de tocar música, máis que por lograr éxito propio.
Unhas semanas máis tarde "The Apples" trocaron o seu nome a The Wallflowers, e tocaron nun gran número de locais. As súas actuacións fixéronlles conseguir o seu primeiro acordo con Virgin Records para gravar un disco de estudio. En 1992, The Wallflowers sacaron o seu primeiro áblum á venda, de nome homónimo.
Actuaron nos Estados Unidos e no Canadá en 1992 e na primavera de 1993. Foron abreconcertos de grupos coma Cracker, The Spin Doctors ou 10.000 Maniacs, e foron cabezas de cartel nalgúns concertos. Cando volveron a casa, viron que os dous contactos de Virgin que estiveran interesados neles xa non estaban na compañía. O álbum non tivo moi boa acollida e a banda sentiu que Virgin perdera o interese neles. Ademais, Virgin comezou a usar o nome de Dylan para atraer a atención e vender discos, pero isto non lle gustou á banda, e menos a Jakob. Finalmente pediron rematar o seu contrato. Virgin accedeu, e deixaron a compañía no verán de 1993. Desafortunadamente, outras compañías non estaban interesados neles ao menos durante un ano. Rami explicou a situación:
Durante o período de inactividade, Rami seguía tendo fe en Jakob e nos Wallflowers. A súa dedicación seguía sendo forte a pesar do incertos que eran os contratos do grupo. En 1994, os Wallflowers asinaron con Interscope Records e comezaron a traballar na súa segunda publicación. Ao mesmo tempo, Rami comezou a ter unha gran demanda para tocar con outros artistas, traballando con produtores como Paul Fox, Matt Hyde e Rick Neigher. Resultado disto foron, en 1996, os álbums de artistas coma Rickie Lee Jones, The Hookers, Tina & the B-side Movement, Leah Andreone, Chalk Farm ou Phil Cody, que levaban o nome de Jaffee nos seus discos. Ademais publicouse tamén en 1996 o segundo álbum de The Wallflowers, chamado Bringing Down the Horse, o cal vendeu ao redor de 5 millóns de copias.
A xira e a promoción posteriores á publicación axudaron a gañar recoñecemento. Entre 1996 e 1997, The Wallflowers apareceron en multitude revistas, nas radios, apareceron frecuentemente na televisión e foron nomeados a varios galardóns. En 1997 tamén cambiou a vida persoal de Rami, xa que naceu o seu primeiro fillo. Debido a isto deixou a xira a mediados de xullo de 1997, e foi substituído ata setembro por Chris Joyner.
En 1998, The Wallflowers volveron ao estudio para gravar "Heroes" para a banda sonora de Godzilla, o que lles deu outro nomeamento aos Grammy aquel ano.
Tras a publicación de Bringing Down the Horse, Rami continuou o seu traballo con outros grupos e cantantes, coma Everclear, Grant Lee Buffalo, Richie Sambora, Macy Gray, Jeremy Toback, Joe Henry, Melissa Etheridge e Garth Brooks.
Ao final de 1998, cando a xira dos Wallflowers diminuía a súa velocidade de concertos, Rami expandiu o seu talento musical e comezou a producir para o seu amigo e antigo compañeiro, Phil Cody.
En setembro do ano 2000, a banda foise outra vez de xira para promocionar o seu terceiro álbum Breach, publicado o 10 de outubro do 2000. Os mellores momentos da xira incluíron concertos coma abreconcertos de veteranos coma Tom Petty and the Heartbreakers e The Who. A xira de Breach rematou o 22 de setembro do 2001 en Noblesville, Indiana.
En novembro do ano 2002, The Wallflowers publicaron o seu cuarto álbum Red Letter Days. A banda fixo unha xira nos anos 2002 e 2003, con algunhas aparicións en 2004.
Cun novo batería, a banda publicou Rebel, Sweetheart, o seu quinto álbum, o 24 de maio de 2005.
Rami comezou a buscar outras opcións á parte dos Wallflowers. Así, traballou no álbum In Your Honor dos Foo Fighters, e estivo traballando coa banda dende aquela, incluíndo traballo de estudio e concertos. Dende que Rami estivo cos Foo Fighters, os últimos álbums da banda recibiron a aclamación dos Grammy.
Rami segue traballando para numerosos artistas e produtores, e ademais atopou tempo para crear cancións para varios videoxogos.
Tamén toca a miúdo con varios artistas de Los Angeles, unha ou varias veces á semana, en sitios coma o Hotel Cafe.
Ano | Grupo | Título | Compañía discográfica | Instrumento |
1992 | The Wallflowers | The Wallflowers | Virgin | Piano, Órgano Hammond |
1993 | Darlene & Co | Absence Of Uniformity | Sovereign | - |
1994 | El Vez | How Great Thou Art | Sympathy for the Record Industry | Órgano Hammond |
1994 | El Vez | Fun in Español | Sympathy for the Record Industry | Órgano Hammond |
1994 | Victoria Williams | Loose | Atlantic | Órgano Hammond |
1995 | Edwin McCain | Honor Among Thieves | Lava/Atlantic | Órgano Hammond |
1996 | Tina & The B-Side Movement | Salvation | Sire/Elektra | Piano, Órgano Hammond e Farfisa |
1996 | El Vez | Never Been to Spain (Until Now) | Munster | Teclados |
1996 | Phil Cody | The Sons Of Intemperance Offering | Interscope | Piano, Acordeón, Órgano Hammond |
1996 | The Wallflowers | Bringing Down the Horse | Interscope | Órgano, Piano |
1996 | Chalk FarM | Notwithstanding | Columbia | Acordeón |
1996 | Leah Andreone | Veiled | RCA | Órgano |
1996 | The Hookers | Calico | RCA | Piano, Acordeón, Órgano Hammond |
1996 | Rickie Lee Jones | Party of Five | Warner | - |
1997 | The Wallflowers | KCRW Rare on Air, Vol. 3 | Mammoth | Piano |
1997 | The Honeyrods | The Honeyrods | Capricorn | Piano, Wurlitzer |
1997 | Everclear | So Much for tThe Afterglow | Capitol | Órgano Vox |
1997 | Uma | Fare Well | Refuge | Piano, Órgano Hammond, Órgano Vox, Optigan |
1997 | Soul Asylum | I Know What You Did Last Summer | Sony Columbia | - |
1997 | Andy If | Road Trip | CU | |
1998 | Richie Sambora | Undiscovered Soul | Mercury | Acordeón, Órgano Hammond, Optigan |
1998 | The Agents of Good Roots | Only by One | RCA | Órgano |
1998 | Esthero | Breath From Another | Sony/Works | Optigan |
1998 | The Wallflowers | Godzilla | Epic/Sony | |
1998 | Scott Thomas Band | California | Elektra | |
1998 | Grant Lee Buffalo | Jubilee | Slash/Warner | |
1999 | Matt Brown | Medicine Show | EMI (unreleased) | Teclados |
2000 | The Wallflowers | Breach | Interscope | Teclados |
2002 | The Wallflowers | Red Letter Days | Interscope | Teclados |
2005 | Foo Fighters | In Your Honor | RCA Records/Roswell | Teclados |
2005 | The Wallflowers | Rebel Sweetheart | Interscope | Teclados |
2006 | Stone Sour | Zzyzx Rd. | Roadrunner Records | Piano |
2006 | Willie Nile | Streets of New York | 00:02:59/Reincarnate | Órgano Hammond |
2006 | Foo Fighters | Skin and Bones | RCA Records | Piano, Órgano, Acordeón, Teclados |
2006 | Pete Yorn | Westerns EP | Red Ink / Columbia | Órgano B-3, produción |
2007 | Mike Brown & The Sneakies | American Hotel | Oasis Entertainment | Órgano Hammond, Teclado |
2007 | Coheed and Cambria | Good Apollo, I'm Burning Star IV, Volume Two: No World for Tomorrow | Columbia Records | Sintetizadores, Piano |
2007 | Foo Fighters | Echoes, Silence, Patience & Grace | RCA Records | Acordeón, Teclado |
2008 | The Fallen Stars | Where the Road Bends | Kiss My Squirrel Records | Órgano Hammond, Teclado, Acordeón |
2011 | Foo Fighters | Wasting Light | RCA Records | Teclado, Órgano, Mellotron |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.