Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Siret (en ucraíno: Серет; en ruso: Сирет; en húngaro: Szeret; o seu antigo nome en latín era Hierasus) é un longo río europeo, un dos principais afluentes do río Danubio que discorre por Ucraína e Romanía. Ten unha lonxitude de 706 km (559 km en Romanía) e drena unha conca de 44.835 km².
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Ucraína | ||||
División administrativa | Óblast de Chernivtsi, Ucraína | ||||
Localización | Montes Cárpatos | ||||
Final | |||||
División administrativa | Baden-Württemberg, Alemaña | ||||
Localización | Río Danubio | ||||
| |||||
Afluentes | 72 | ||||
Conca hidrográfica | conca do Danubio | ||||
Características | |||||
Dimensións | 740 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 43.960 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 230 m³/s | ||||
O río Siret nace nos Cárpatos, na divisoria que marca a fronteira entre Romanía e Ucraína, na vertente setentrional, a 1.238 m. O río encamíñase dirección norte descendendo á rexión norte de Bucovina, na Oblast de Chernivtsi. Pasa por Berehomet e Zhadova, onde comeza a virar cara ao sueste. Segue por Storozhynets (14.523 hab. en 2007), Ropcha, Kamenka e Volchinets. O río abandona Ucraína e entra en Romanía pola parte nororiental.
Durante o primeiro tramo forma a fronteira natural entre Botosani e Suceava e continúa mantendo a mesma dirección sueste. Chega a Siret (9.358 hab. en 2002[1]) e segue polas pequenas localidades de Grămeşti, Zvoriştea, Liteni. Despois recibe pola dereita o río Suceava (170 km), a uns 20 km de que este pasara pola cidade de Suceava (107.513 hab.). Continúa por Pasçani (42.172 hab.), Stolniceni-Prăjescu e Roman (69.483 hab.), e despois recibe pola dereita o río Bistrita (290 km), uns 5 km despois de que este pasara pola capital condal Bacău (175.500 hab.). Logo pasa por Racaciuni e Adjud (17.677 hab.). No seu tramo final recibe pola esquerda o río Bârland (289 km) e tras pasar preto de Mărăşeşti (13.070 hab.), recibe pola marxe dereita, o río Buzau (325 km).
Finalmente únese ao río Danubio, moi cerca da súa desembocadura, pola súa marxe esquerda, preto de Galaţi (298.861 hab. en 2002).
Esquerda: Bahna, Molniţa, Bahna, Gârla Sireţel, Gârla Huţanilor, Vorona, Pleşu, Turbata, Pitrosul, Trestioara, Sireţel, Sodomeni, Stolniceni, Hărmăneşti, Pârâul Ţigăncilor, Mihailei, Boca, Albuia, Vulpăşeşti, Ţiganca, Icuşeşti, Glodeni, Râpaş, Pârâul Morii, Răcătău, Fulgeriş, Polocin, Lupa, Bârlad (cunha lonxitude de 289 km e unha conca de 7.330 km²), Călmăţui, Gerului, Mălina, Fălcoaia, Cătuşa
Dereita: Găvan, Negostina, Verehia, Baranca, Leahu, Hănţeşti, Grigoreşti, Sălăgeni, Suceava (cunha lonxitude de 170 km e unha conca de 3.800 km²), Şomuzul Mic, Şomuzul Mare, Probota, Conţeasca, Ruja, Valea Părului, Podul Turcului, Tămăşeni, Moldova (cunha lonxitude de 237 km e unha conca de 4.315 km²), Valea Neagră, Turbata, Bistriţa (cunha lonxitude de 290 km e unha conca de 6.400 km²), Cleja, Răcăciuni, Orbeni, Botohan, Fântânele, Conţeşti, Trotuş (cunha lonxitude de 162 km e unha conca de 4.349 km²), Valea Boului, Carecna, Zăbrăuţi, Şuşiţa, Gârla Morilor, Putna (cunha lonxitude de 144 km e unha conca de 2.720 km²), Leica, Râmnicul Sărat, Buzău (cunha lonxitude de 325 km e unha conca de 5.505 km²).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.