O Muga é un río pirenaico que fai o seu percorrido enteiro pola comunidade autónoma de Cataluña, e que rende as súas augas no mar Mediterráneo despois de 58 km de curso.

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Modelo:Xeografía físicaRío Muga
Thumb
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaComarques Gironines, España Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 42°21′23″N 2°34′01″L
B 42°14′07″N 3°07′31″L
Afluentes
Características
Dimensións70 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica961 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal3,34 m³/s (Castelló d'Empúries) Editar o valor en Wikidata
Pechar

Percurso

O Muga é un río que corre basicamente de oeste a leste. Nace baixo o Pla de la Muga (1.186 m de altitude), ao sur da montaña de Montnegre (1.425 m), no límite entre as comarcas de Vallespir e do Alt Empordà. Desde Hostal de la Muga constitúe durante uns 5,5 km o límite fronteirizo francoespanyol.

Recibe principalmente as augas da zona axial dos Pireneos (Roc de Frausa, serra de Les Salines, serra de L'Albera), atravesa os profundos vales de sedimentos subpirenaicos, bastante tectonizados, e sae, por Pont de Molins, á ampla chaira do Alt Empordà.

Preto de Boadella, nunha garganta epixénica, é represado (encoro de Boadella).

Nos arredores de Peralada recibe o río Llobregat de Empordà, máis caudaloso que el mesmo, e despois de Vilanova de la Muga, o Manol.

Desemboca no golfo de Roses, entre os pantanos do Empordà e Empuriabrava, logo de 58 km de curso.

Os escombrados non destruíron o antigo estuario nin o peirao medieval, dito o grau de la Muga, ao norte da actual desembocadura da Mugueta, antigo brazo do río.

Réxime hidrográfico

O seu caudal medio, medido pola (Axencia Catalá da Auga) é de 3,34 m3/s, basicamente de orixe pluvial.

Nome

O seu nome remonta á raíz vasca muga, que significa "límite, fronteira", aínda actualmente vivo en vasco e falas dialectais hispánicas, e usual en topónimos espallados pola Península Ibérica[1]. Alude ao feito de que o río marca unha antiga fronteira, aínda práctica hoxe entre España e Francia.

Referencias literarias

O poeta empordanés Carles Fages de Climent utilizou o pseudónimo Lo Gayter de la Muga para disfrazar os seus epigramas, a miúdo satíricos, sobre personalidades coñecidas da comarca.

Afluentes principais

  • Arnera
  • Llobregat de Empordà
  • Anyet
  • Orlina
  • manol

Poboacións que baña

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.