Río Magre
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Magre (en castelán Magro) é un río do País Valenciano, afluente importante do Xúcar, xunto co Cabriel e mais o río de Albaida. A súa lonxitude é de 130 km.
Tipo | río curso de auga | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | provincia de Valencia, España | ||||
Final | |||||
División administrativa | provincia de Cuenca, España | ||||
Localización | Río Xúcar | ||||
| |||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Xúcar | ||||
Características | |||||
Dimensións | 130 () km | ||||
Superficie | 1.543,7 km² | ||||
O Magre nace no planalto de Utiel a 1.100 msnm, ao sur de Camporrobles, pasa polas localidades de Utiel e Requena (ambas dúas na comarca da Plana d'Utiel) cun caudal escaso e entra na Foia de Bunyol e na Ribera Alta, onde pasa por Real, Alfarb e Carlet, para desembocar no Xúcar máis abaixo de Algemesí, pola que tamén é denominado como a rambla de Algemesí. A súa conca comprende unha área de 1.543,7 km².
Cáptanse augas do Magre con intensidade para regadíos desde o seu curso alto. No concello de Iàtova (ou Yátova en castelán), no curso medio, en zona de gran desnivel, está contido por medio do encoro de Forata. O uso para iirigación e a presa ten evitado os efectos dos fortes desbordamentos do río, característicos en tempos pasados, e evidente na grande anchura do seu leito (a maior parte do tempo seco) no tramo final onde chega a alcanzar máis de 200 m.
Augas abaixo do encoro de Forata está situado a Paraxe Natural de Tabarla, de recente declaración pola Generalitat Valenciana (2007).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.