Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Chao Phraya ou Me Nam (en tailandés: แม่น้ำเจ้าพระยา) é un río de Tailandia, o principal río do país que aflúe desde a rexión montañosa do norte do país até o golfo de Tailandia, preto de Bangkok. É importante para o transporte das mercancías e tamén parte dun val agrícola altamente produtivo. O nome aplícase estritamente só ao curso baixo do río, que comeza na confluencia dos ríos Nan (740 km) e Ping (658 km).
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Asia | |||
País da cunca | Tailandia | |||
División administrativa | Tailandia | |||
Final | ||||
Localización | Golfo de Tailandia | |||
| ||||
Afluentes | 28 | |||
Conca hidrográfica | Chao Phraya basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 372 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 15.000 km² | |||
Ten unha lonxitude de 372 km, aínda que o sistema fluvial Chao Prayer-Nan chega aos 1.112 km e drena unha bacía de 160.400 km², máis dun terzo do país, unha área similar a países como Tunisia, Suriname, o Nepal ou Bangladesh.
O río Chao Phraya nace na confluencia do río Ping e do río Nan, en Nakhon Sawan (tamén chamado Pak Nam Pho) na Provincia Nakhon Sawan. Traza de norte a sur 372 quilómetros desde as chairas centrais até Bangkok e o golfo de Tailandia. En Chainat, o río divídese, e o río Tha Chin flúe en paralelo ao río principal e desauga no golfo de Tailandia a uns 35 quilómetros ao oeste de Bangkok, en Samut Sakhon. Na baixa chaira aluvial, que comeza augas abaixo da presa de Chainat, sepáranse do río principal moitas pequenas canles (khlong), que se utilizan para o rego dos arrozais da rexión.
As principais cidades á ribeira do Chao Phraya, ordenadas de norte a sur, son as seguintes: Nakhon Sawan, Uthai Thani, Chainat, Singburi, Ang Thong, Ayutthaya, Pathum Thani, Nonthaburi, Bangkok e Samut Prakan. Estas cidades atópanse entre os lugares de máis importancia histórica e máis densamente poboados da Tailandia, precisamente debido ao seu acceso á vía acuática.
Os principais tributarios do río Chao Phraya son os seguintes:
A cada un destes afluentes, como o Chao Phraya mesmo, ademais chegan outros afluentes menores, a miúdo denominados khwae. Todos os afluentes, incluídos os pequenos khwaea, forman un amplo patrón en forma de árbore, con polas que cobren case todas as provincias do centro e norte de Tailandia.[1] Ningún dos afluentes do Chao Phraya se estenden máis aló das fronteiras de Tailandia. O Nan e o río Yom corren case paralelos desde Phitsanulok a Chumsaeng polo norte da provincia Nakhon Sawan. O río Wang penetra no río Ping, preto do distrito de Sam Ngao na provincia Tak.
A extensión do río Chao Phraya e os seus afluentes, é dicir, o sistema fluvial do Chao Phraya, xunto co terreo que recolle as augas, forman a cunca do Chao Phraya. É a cunca hidrográfica máis grande de Tailandia, que comprende aproximadamente o 35% do país, e drena unha área de 157.924 km². A cunca pódese dividir en :
A fronteira natural montañosa da cunca hidrográfica forma unha divisoria, que illou historicamente, até certo punto, Tailandia doutras civilizacións do sueste asiático. De feito, no norte de Tailandia, a divisoria correspóndese aproximadamente cunha sección da fronteira política actual. Os tramos da fronteira meridional da divisoria correspóndense menos coa fronteira política actual, xa que o illamento neste ámbito foi contrarrestado pola proximidade ás terras baixas do golfo de Tailandia, o que favoreceu que a civilización tailandesa se espallase pola conca facilmente.
O río Tha Chin é o distributario principal do río Chao Phraya. A extensión do Chao Phraya e o río Tha Chin e os seus distributarios, comezando no punto no que diverxen os distributarios, xunto coa terra comprendida nun triángulo formado polas rexións ultraperiféricas e distributarios máis internos, forman o delta do Chao Phraya . Os moitos distributarios do delta Chao Phraya están interconectados por canais que serven tanto para regar como para o transporte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.