From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Bouzós é un curso fluvial da península do Morrazo, que atravesa o concello de Cangas. Ten unha lonxitude de 4,925 km.
Localización | |||
---|---|---|---|
División administrativa | España | ||
Nace na serra de Ermelo (Bueu) a uns 400 metros de altitude e desemboca na praia de Rodeira. O seu caudal é abondoso no inverno e baixa notablemente no verán. Nel chegou a haber preto de 25 muíños, dos que hoxe tan só funciona un cando hai festa. O río Bouzós ten numerosas fervenzas e saltos de auga. Percorre a carballeira de Coiro e nutre de auga a moitas leiras da zona.
O seu afluente principal é o río das Presas, nado en San Cosme.
No inverno é normal que o río desborde no seu paso pola rúa Atranco (Cangas) debido á importante crecida do seu caudal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.