Héctor de Miguel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Héctor de Miguel

Héctor de Miguel Martín, anteriormente coñecido como Quequé, nado en Salamanca o 6 de xaneiro de 1977, é un humorista e presentador de televisión español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Héctor de Miguel
Thumb
(2019)
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1977 (48 anos)
Salamanca, España
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, actor de televisión, humorista, locutor, actor de cinema
Familia
PaiEmilio de Miguel Martínez

Sitio webhectordemiguel.com
Pechar

Traxectoria

Nado en Salamanca, deuse a coñecer en 1998, cando gañou o Imaginarock. Pouco despois presentou no Café Principal o seu espectáculo Directamente. Na radio colaborou co programa de Cadena 100 A media tarde e posteriormente presentou e dirixiu Puerto Latino en Cadena Dial Salamanca.

En televisión comezou na canle local de Salamanca colaborando no programa En escena para dar o salto á televisión nacional co segundo Certamen de monólogos de El Club de la Comedia, que conseguiu gañar. A partir de entón tamén realizou teatro vinculado aos monólogos como 5hombres.com e Noches de Cómicos. En televisión foi membro do equipo artístico de La corriente alterna, Splunge, La Noche… con Fuentes y Cía e Noche Hache.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.