Roquefort é o nome dunha variedade de queixo orixinalmente francés (de Roquefort-sur-Soulzon, situada na rexión de Occitania) producido con leite de ovella sen pasteurizar.

Thumb
O queixo roquefort.

Esta variedade de queixo presenta unha masa de consistencia cremosa e esfarelada, con casca húmida e sabor acentuado e picante.

Na súa fabricación, así como na das variedades Gorgonzola e Camembert, son inxectados fungos (balores) na masa. No queixo roquefort inxéctase o sal e o fungo Penicillium roqueforti, para logo seguir por un proceso de maduración de tres meses. Son estes fungos os que desenvolven no roquefort a aparencia característica con veos verde-azulados, que lle dan o sabor especial.

Denominación de orixe

A nivel nacional, en Francia, o roquefort é recoñecido como appellation d'origine contrôlée (AOC) dende 1925, complementada por un decreto de 1979.[1]​​​​ Dende 1996, é unha denominación de orixe protexida (PDO) perante a Unión Europea.[2]​​​​​​​​​​​ ​A nivel internacional, conta con rexistro como denominación de orixe, conforme ao Sistema de Lisboa, perante a Organización Mundial da Propiedade Intelectual, dende o 20 de decembro de 1967.[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.