Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
En física un punto material é unha entidade idealizada que ten unhas dimensións prescindibles respecto ao fenómeno en estudo, polo tanto a súa estrutura interna non interesa e o corpo pódese tratar como se a súa mase estivera concentrada nun punto do espazo. A utilidade do concepto de punto material está en poder asociar ao corpo un punto xeométrico e xa que logo poder operar no espazo cartesiano cos métodos da xeometría analítica.
Non se pode tratar calquera corpo como punto material. En efecto en mecánica clásica para un punto material rexe rigorosamente o segundo principio da dinámica:
e para que un sistema extenso sexa considerado como un punto material ten que ser posible confundir a súa aceleración coa do seu centro de masa.
De forma análoga débese poder identificar a resultante das forzas exercidas sobre o corpo coas que se exercen sobre o punto material que o representa. Isto é posible porqué rexe para os sistemas extensos a primeira ecuación cardinal:
onde son as forzas exercidas no corpo, e é a aceleración do centro de masa do corpo.
Pola contra e a representación do punto material aplícanse só aos posibles constituíntes elementais realmente privados de estrutura interna, pero non se ha aplicar aos corpos extensos. É xa que logo imposible representar como punto material un corpo no cal sexa imposible omitir os graos de liberdade interna.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.