O Presidente de Asturias, segundo o Estatuto de Autonomía de Asturias, preside o Consello de Goberno do Principado de Asturias, cuxa actividade dirixe, coordina a Administración da comunidade autónoma, designa e separa os conselleiros e ostenta a suprema representación do Principado e a ordinaria do Estado en Asturias. É elixido pola Xunta Xeral do Principado de Asturias entre os seus membros e é nomeado polo rei de España.
A Xunta Xeral elíxeo por maioría absoluta en primeira convocatoria e por maioría simple nas posteriores. Entre cada convocatoria teñen que transcorrer como mínimo corenta e oito horas. Se pasados dous meses desde a constitución da Xunta Xeral non foi elixido ningún candidato, esta quedará disolta procedéndose a convocar novas eleccións.
Presidentes do Principado de Asturias
Imaxe | Presidente | Partido | Inicio do mandato | Fin do mandato | |
---|---|---|---|---|---|
1 | Rafael Fernández Álvarez | PSOE | 11 de xaneiro de 1982 | 18 de xuño de 1983 | |
2 | Pedro de Silva | PSOE | 18 de xuño de 1983 | 11 de xullo de 1991 | |
3 | Juan Luis Rodríguez-Vigil | PSOE | 11 de xullo de 1991 | 18 de xuño de 1993 | |
4 | Antonio Trevín | PSOE | 18 de xuño de 1993 | 11 de xullo de 1995 | |
5 | Sergio Marqués | PP/Ind./URAS | 11 de xullo de 1995 | 21 de xullo de 1999 | |
6 | Vicente Álvarez Areces | PSOE | 21 de xullo de 1999 | 16 de xullo de 2011 | |
7 | Francisco Álvarez-Cascos | FAC | 16 de xullo de 2011 | 26 de maio de 2012 | |
8 | Javier Fernández | PSOE | 26 de maio de 2012 | 20 de xullo de 2019 | |
9 | Adrián Barbón | PSOE | 20 de xullo de 2019 | actualidade |
Liña temporal
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.