Praza da Miñoca
praza en Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
praza en Vigo From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
A praza da Miñoca é unha praza situada na cidade galega de Vigo, no barrio de Coia. Ten unha extensión de 20.000 metros cadrados, e é unha das principais zonas verdes da cidade, arrodeado de edificios con soportais e cunha escultura no centro: a característica miñoca metálica ornamental que lle dá nome á praza.
Praza da Miñoca | |
---|---|
Escultura da Miñoca. | |
Dimensións | |
Área | 20.000 metros cadrados |
Localización | |
Localidade | Coia,Vigo |
Código postal | 36209 |
Coa súa remodelación, realizada en 2022 cun orzamento de 1,6 millóns de euros, aumentáronse as instalacións coa colocación de parques, bancadas, árbores e incluso un río artificial bautizado como Lagares II.[1]
No centro da praza atópase a escultura da Miñoca, animal invertebrado empregado habitualmente para a pesca. A escultura, de estrutura metálica e revestimento de cerámica con azulexos vermellos, está dividida en catro partes separadas, de xeito que emerxe e entérrase no solo dando a sensación de que suca a praza. O autor e ano de construción son descoñecidos.[2]