Praia da Ameixida
From Wikipedia, the free encyclopedia
A praia da Ameixida está situada na comarca da Barbanza, no suroeste da provincia da Coruña, no concello de Ribeira, no lugar de Mosqueiros da parroquia de Castiñeiras. Atopámola na estrada que vai de Ribeira a Aguiño pola costa, a 4 quilómetros da vila, situada na marxe esquerda da calzada.
Praia da Ameixida | |
---|---|
![]() | |
42°32′18″N 8°59′16″O | |
![]() | |
Características xerais | |
Lonxitude | 200 m |
Largo medio | 30 m |
Grao de ocupación | Media |
Grao de urbanización | Ningún |
Paseo marítimo | Non |
Características específicas | |
Composición | Medio-fina |
Condicións do baño | Adecuada para o baño |
Aspectos medioambientais | |
Zona protexida | Si |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | Si |
Tipo de acceso | Ramplas de formigón |
Características
Trátase dunha praia resgardada, con forma de enseada, de condicións adecuadas para o baño que conta cun embarcadoiro de recreo ao seu carón. A area branca é de gran medio-fino. As súas augas tranquilas presentan unha temperatura media de 16/17 °C. Na temporada estival presenta unha ocupación media. As dornas preto da beira ou mesmo fondeadas outórganlle un aire enxebre e mariñeiro. Praia con bandeira azul en 2010. Conta con aparcadoiro, duchas, retretes, pasarenas, vixilancia e socorristas.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.