Porto de Aubisca
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O porto de Aubisca, en occitano còth d'Aubisca e en francés col d'Aubisque, é un porto de montaña dos Pireneos, en territorio francés.
Tipo | porto de montaña | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Béost, Francia | ||||
| |||||
Cordilleira | Pireneos | ||||
Características | |||||
Altitude | 1.709 m | ||||
Permite o paso de | Route nationale 618 (en) | ||||
O porto de Aubisca é un paso de montaña situado a 1.709 m de altitude, a uns 30 km ao sur de Tarbas e Pau. Administrativamente pertence ao concello de Aigas Bonas, no departamento de Pireneos Atlánticos, localizado na rexión de Aquitania.
O paso atópase na aba setentrional do pico de Ger (2.613 m) e conecta Laruntz, no val de Aussau con Argelèrs ao leste, no val de Pau, a través do porto de Soulor. A estrada cruza polo circo glaciar do Litor, na parte superior do val de Ouzom. Normalmente permanece pechado ao tráfico entre decembro e xuño.
Dende Laruntz hai 16,6 km de estrada ata o porto. Esta aba oeste cobre un desnivel total de 1.190 m cunha pendente media de 7,2%. As primeiras ramplas, que pasan por Aigas Bonas, son cómodas, pero despois da fervenza de Valentín a pendente acada unha sección do 13%. Despois quedan uns 8 km cun 8% de costa que cruzan pola estación de esquí de Goreta, a 1.400 m. A subida do porto dende o leste comeza no porto de Soulor. Dende este pico, a subida é de 10,6 km onde se gañan uns 235 m netos, atravesando o circo glaciar de Litor.
A primeira vez que o Tour de Francia cruzou este porto foi en 1910, e fíxoo o ciclista François Lafourcade. É o segundo porto máis cruzado do Tour, se ben só tres tiradas remataron nel.
Tres tiradas do Tour de Francia tiveron o seu final no porto de Aubisca: en 1971, en 1985 e en 2007.
Ano | Tirada | Lugar de comezo da tirada | Distancia (km) | Categoría do porto | Vencedor | Líder do Tour |
---|---|---|---|---|---|---|
2007 | 16 | Orthez | 218.5 | Categoría especial | Michael Rasmussen | Michael Rasmussen |
1985 | 18 | Luz-Saint-Sauveur | 52.5 | 1 | Stephen Roche | Bernard Hinault |
1971 | 16 | Bagnères-de-Luchon | 145 | 1 | Bernard Labourdette | Eddy Merckx |
Producíronse 42 pasos do Tour polo porto de Aubisca dende 1947, o que a converte no segundo porto máis cruzado da rolda gala.
Ano | Tirada | Categoría | Líder ao pasar polo cumio |
---|---|---|---|
2007 | 16 | Categoría especial | Michael Rasmussen |
2005 | 16 | Categoría especial | Cadel Evans |
2002 | 11 | Categoría especial | Laurent Jalabert |
2000 | 10 | Categoría especial | Javier Ochoa |
1999 | 16 | 1 | Alberto Elli |
1998 | 10 | Categoría especial | Cédric Vasseur |
1996 | 17 | 1 | Neil Stephens |
1995 | 16 | 2 | Tirada neutralizada |
1993 | 17 | 1 | Claudio Chiappucci |
1991 | 13 | Categoría especial | Guido Winterberg |
1990 | 17 | Categoría especial | Óscar Vargas |
1989 | 9 | Categoría especial | Miguel Indurain |
1987 | 14 | Categoría especial | Thierry Claveyrolat |
1985 | 18b | Categoría especial | Reynel Montoya |
1983 | 10 | Categoría especial | Lucien Van Impe |
1982 | 12 | 1 | Beat Breu |
1980 | 13 | Categoría especial | Maurice Le Guilloux |
1977 | 2 | Categoría especial | Hennie Kuiper |
1976 | 15 | 1 | Wladimiro Panizza |
1972 | 7 | 1 | Wilfried David |
1971 | 16 | 1 | Bernard Labourdette |
1970 | 19 | 1 | Raymond Delisle |
1969 | 17 | 1 | Eddy Merckx |
1968 | 12 | 1 | Julio Jiménez |
1967 | 17 | 1 | Jean-Claude Theilliere |
1966 | 10 | 1 | Tomasso De Pra |
1965 | 9 | 1 | Julio Jiménez |
1964 | 16 | 1 | Federico Bahamontes |
1963 | 10 | 1 | Federico Bahamontes |
1961 | 17 | 1 | Eddy Pauwels |
1960 | 10 | 1 | Graziano Battistini |
1958 | 13 | 1 | Federico Bahamontes |
1957 | 18 | 1 | Jean Dotto |
1956 | 11 | 1 | Valentin Huot |
1955 | 18 | 1 | Charly Gaul |
1954 | 11 | 1 | Federico Bahamontes |
1953 | 10 | 1 | Jesús Loroño |
1952 | 18 | 1 | Fausto Coppi |
1951 | 13 | 1 | Raphaël Géminiani |
1950 | 11 | 1 | Jean Robic |
1949 | 11 | 1 | Fausto Coppi |
1948 | 7 | 1 | Bernard Gauthier |
1947 | 15 | 1 | Jean Robic |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.