Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Porriño Industrial Fútbol Club é un club de fútbol galego do Porriño. Fundouse en 1933 e actualmente compite no Grupo 2 da Preferente Galicia.
Porriño Industrial | |||
---|---|---|---|
Nome | Porriño Industrial Fútbol Club | ||
Fundación | 1933 | ||
Estadio | O Lourambal, O Porriño, Galicia | ||
Presidente | Miguel Laso | ||
Adestrador | Manu Losada | ||
Liga | Preferente | ||
2023/24 | 6º | ||
Patrocinador | Coren | ||
Na rede | |||
| |||
O Club Porriño F.C. constituíuse o 15 de febreiro de 1933, coa súa primeira sede social no número 13 da rúa do Progreso[1]. O seu uniforme inicial estaba formado por camiseta branca con colo azul, e pantalón azul. A primeira xunta directiva conformábana Leocadio Lourido (presidente), Juan Domínguez Rey (vicepresidente), Enrique del Campo (secretario), Laureano Pérez (vicesecretario), Jesús Fernández Castro (tesoureiro) e Antonio Lourido (depositario).
En 1943 o equipo foi absorbido pola empresa química Zeltia, trocando de nome para o de Zeltia Deportiva Porriño. Ascendeu por primeira vez a Terceira División en 1956. O Club tivo o seu maior éxito deportivo na tempada 1958-59, ao acadar o campionato galego de afeccionados e chegar á final do campionato de España, na que perdeu fronte ao Salamanca.
En 1965 o equipo foi fundado de novo, ao se fusionaren o Louriña CF é o Zeltia, tomando xa a súa actual denominación de Porriño Industrial FC. O presidente pasou a ser Pepe da Morrilleira, coñecido futbolisticamente como Rabo de Vaca. Tiña o domicilio social en Torneiros, e o seu uniforme era camiseta vermella e pantalón azul. Na tempada 1965-66 o presidente pasou a ser Jesús Freiría Domínguez.
Na tempada 1964-65 acadou o 14º posto na Liga Comarcal de Vigo. Ascendeu a Terceira división noutras tres ocasións, e o seu mellor resultado foi o campionato de Terceira División na tempada 1998–99, tralo que chegou a xogar a promoción de ascenso a Segunda B, sen éxito.
En abril de 2016 os técnicos do Porriño Industrial deixaron de adestrar como protesta polo non pagamento das súas nóminas. A directiva, que non podía recibir a subvención municipal por gastos sen xustificar da anterior etapa, reclamou unha solución urxente ao Concello.[2]
|
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.