Porcentaxe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
En matemáticas, chámase porcentaxe á forma de expresar un número como unha fracción que ten o número 100 como denominador. Tamén se lle chama comunmente tanto por cento, onde por cento significa "de cada cen unidades". Úsase para definir relacións entre dúas cantidades, de forma que o tanto por cento dunha cantidade, onde tanto é un número, refírese á parte proporcional a ese número de unidades de cada cen desa cantidade.
A porcentaxe indícase utilizando o símbolo %, que matematicamente equivale ao factor 0,01 e que se debe escribir despois do número ao que se refire, deixando un espazo de separación.
O tanto por cento divídese entre 100 e simplifícase a fracción. Exemplo:
Para saber como se representa o 10 % en fracción divídese e logo simplifícase:
A fracción común multiplícase por 100 e resólvese a operación. O resultado será a porcentaxe.
Exemplo: Para representar 1/10 como unha porcentaxe faise a seguinte operación:
Para obter un tanto por cento dun número simplemente multiplícase. Por exemplo, o 25 % de 150 é:
Alternativamente, nun método moi habitual outrora, constrúese unha regra de tres simple directa. Así, para calcular o 25 % de 150 faise a regra de tres: multiplícase cruzado e divide polo que queda só ou en conxunción co restado.
Resultado: 37,5 é o 25 % de 150.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.