familia de peixes From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Polinémidos (Polynemidae) son unha familia de peixes da orde dos Perciformes, tanto mariños como de auga doce. Están distribuídos por tódolos mares tropicais e subtropicaies do mundo. O nome da familia vén do grego poly (moitos) e nematos (filamentos).
A boca ábrese na parte inferior da cabeza (subterminal). Dúas aletas dorsais moi separadas, unha espiñosa e outra de raios brandos; a anal oposta á dorsal branda, cunha espiña anterior; as pélvicas son subabdominais, cunha espiña e 5 raios brandos; a caudal está profundamente furcada. As aletas pectorais están divididas en dúas seccións: a anterior é pequena, con raios unidos por membrana, e a posterior con 3 a 7 longos raios soltos (excepto no xénero Polistonemus, con 15 raios), o que lles dá un aspecto como de ter barba ó que se debe o nome común de barbudos.
Aliméntase de invertebrados bentónicos da arena que desenterra do fondo de lama.
Pode alcanzar 1,8 m de lonxitude máxima (para Eleutheronema tetradactylum).
Comprende oito xéneros e máis de 30 especies:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Polinémidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Polinémidos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.