polígono industrial na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O polígono industrial de Vío é unha zona industrial e loxística duns 680 000 metros cadrados[1] situada no lugar de Vío, no concello da Coruña.
Polígono industrial de Vío | |
---|---|
Instalacións de Caramelo no polígono de Vío. | |
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 2006 |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°19′43″N 8°26′59″O | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Creouse mediante investimento privado a través dunha concesión municipal polos empresarios José Collazo e Manuel Jove. As obras de urbanización comezaron en 2006. En 2013 foi convertido en Zona de Actividades Loxísticas (ZAL) vinculada ao Porto Exterior de Punta Langosteira, en detrimento do polígono industrial de Morás, porén isto non supuxo o impulso que esperaba.[1]
Non foi até marzo de 2015 cando se instalou a primeira e única empresa do polígono: Caramelo. Pouco máis dun ano despois, dez anos após as primeiras obras de construción, Caramelo anunciaba a súa quebra e disolución[2]. En decembro de 2016, ante o evidente estado de abandono da infraestrutura, foi utilizada como circuíto de carreiras ilegais de coches[3].
En agosto de 2023, comeza a construción dunha terceira nave no polígono, que vén a sumarse ás das empresas Facet Ibérica (nas instalacións da desaparecida Caramelo) e Prosaga.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.