From Wikipedia, the free encyclopedia
Os slave (os ingleses chámanlle Slavey e os franceses Esclaves) ou Etchaottine son unha tribo india do grupo de linguas na-dené, cuxo nome significaba “xente das rocas”. Tamén eran coñecidos como Awokanak ou Slaves. Dividíanse en seis grupos: Desnedeyarelottine, Eleidlinottine, Etchaottine, Etcheridiegottine, Etchesottine e Klodesseottine.
Vivían nas ribeiras do Gran Lago do Escravo, nas chairas do río Mackenzie e do Liard e noutras terras limítrofes. Bistchonigottine e Krayiragottin eran dúas divisións.
En 1980 eran uns 10.000 habitantes cos chipewyan e yellowknife. Segundo o censo canadense do 2000, estaba repartidos en reservas do seguinte modo:
O nome de Slave (escravo) puxéranllo os cree, posto que escravizaron a moitos, e tamén foi empregado polos ingleses e franceses porque os consideraban unha tribo tímida e pacífica, aínda que non fose así. Como moitas tribos atapascanas, estaban separadas en numerosas bandas independentes pouco organizadas e con xefes nominais, asociados a certos territorios de caza. Un informal Consello de Cazadores resolvía as disputas. As mulleres eran tratadas cun respecto e estimación atípicos entre os na-dené, e os vellos e desvalidos eran ben tratados, e non abandonados como facían os chipewyan.
Moraban nos bosques e nas ribeiras dos ríos, cazaban caribús e outros mamíferos, e ademais pescaban. A pel dos animais empregábase para fabricar mantos, faldras, polainas, mocasíns e outras pezas. Os flocos e outros accesorios facíanse con cornamenta de cervo, espiñas de porco espiño e outros materiais naturais. No verán habitaban en tipis cubertos de estopa e no inverno, en casas de paus e ramaxe de abeto, de forma rectangular. Non tiñan unha relixión ou cerimonias definidas. Só se sabe que crían en espíritos gardiáns, no poder dos bruxos e na outra vida. Unha práctica común era a confesión de faltas no leito de morte, para tentar dese xeito adialo pasamento.
Alexander Mackenzie visitou o territorio en 1789 e fundou Fort Providence, pero cara ao 1820 os británicos abandonaron o territorio. O pastor Grandin estabeleceu unha misión católica en 1861, ao tempo que a Compañía da Baía de Hudson construía un campamento comercial. En 1899, asinaron o tratado Ocho co goberno canadense. Nos anos sesenta do século XX, cando se construíu a autoestrada en Yellowknife, non tiveron case ningunha relación co goberno do Canadá.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.