política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María del Pilar García Porto, nada en Antas de Ulla o 17 de febreiro de 1975, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1975 (49 anos) Antas de Ulla, España |
Alcaldesa de Antas de Ulla | |
2023 – ← Javier Varela Pérez | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Dende as eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla, sendo a portavoz do grupo na oposición. Dende 2011 foi deputada provincial polo Partido Xudicial de Chantada, ocupando dende entón diversas áreas como de Economía, Facenda e Recadación, Cultura e Turismo ou Promoción do Territorio, sendo ademais a portavoz do PSdeG na Deputación. Dende febreiro de 2022 é a Secretaria de Organización provincial do PSdeG en Lugo. Nas municipais de 2023 volveu encabezar novamente a candidatura do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla e foi elixida alcaldesa por maioría absoluta[1][2], volvendo ser ademais deputada provincial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.