vehículo lixeiro con cabina pechada e zona de carga aberta From Wikipedia, the free encyclopedia
A pickup é un tipo de automóbil que ten na súa parte traseira unha zona de carga descuberta (denominada "caixa"), na cal se poden colocar obxectos grandes. Polo xeral, esta área está rodeada por unha parede de medio metro de alto; a parte posterior pode abaterse para poder cargar e descargar obxectos. A plataforma de carga pode ser cuberta nalgúns modelos cunha lona ou cunha estrutura de fibra de vidro.
Segundo o mercado, as pickups poden variar conforme o seu tamaño, configuración de cabina e caixa, tracción, motor e chasis. En América e Asia, a maioría das pickups posúen chasis de largueiros; as pickups dividense en compactas, medias e grandes en correspondencia co longo (5,00, 5,50 e 6,00 metros de longo, aproximadamente). En Latinoamérica e outros países subdesenvolvidos existen pickups aínda máis pequenas, con chasis autoportante e baseadas nos automóbiles de turismo do segmento B, duns 4,50 metros de longo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pickup |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.