Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O peteiro ou rostro (rostrum) que teñen todos os cefalópodos existentes é unha estrutura dividida en dúas partes, situada na masa bucal e rodeado dos apéndices cefálicos (brazos) musculares. As dúas pezas que forman o peteiro, moitas veces denominadas mandíbulas,[1] son a mandíbula dorsal e a inferior, que encaixan funcionando a modo de tesoira.[2][3] Está composto principalmente de quitina e proteínas con enlaces cruzados,[4][5][6][7] polo que os peteiros son case indixeribles e a miúdo son os únicos restos identificables dos cefalópodos que se encontran nos estómagos de especies predadoras coma os cachalotes.[8] Poden utilizarse para estimar a lonxitude do manto e o peso total do corpo do animal orixinal así como a biomasa inxerida total da especie.[9][10][11][12][13][14][15] Os peteiros dos cefalópodos fanse gradualmente menos ríxidos a medida que nos movemos desde o extremo á base, un gradiente que resulta da composición química diferente das distintas zonas. Nos peteiros hidratados das luras de Humboldt (Dosidicus gigas) este gradiente de rixidez abrangue dúas ordes de magnitude.[16]
Coñécense restos fosilizados dos peteiros de varios grupos de cefalópodos, tanto extintos coma aínda existentes, incluíndo luras, polbos, belemnitas, e vampiromorfos.[1][17][18][19][20][21][22] Os ápticos, estruturas en forma de placas que se encontran nos ammonites, poderían tamén ser elementos das mandíbulas.[23][24][25][26]
Nas ilustracións móstranse os termos utilizados para referirse ás distintas partes do peteiro dos cefalópodos.
En teutoloxía utilízanse comunmente como medidas do peteiro a lonxitude rostral inferior (lower rostral length, LRL) e a lonxitude rostral superior (upper rostral length, URL), respectivamente. Estas son as medidas estándar da medida do peteiro nos Decapodiformes, mentres que a lonxitude da cuberta (hood length) é a preferida para os Octopodiformes.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.