poeta español From Wikipedia, the free encyclopedia
Pero Garcia Burgalês foi un trobador castelán, natural de Burgos, activo no terceiro cuartel do século XIII, que frecuentou a corte de Afonso X. Probabelmente tamén conviviu coa corte de Afonso III de Portugal, onde mantivera relacións cos trobadores Lourenço e Roi Queimado, considerado o seu rival, chegando a escribir unha cantiga de escarnio e maldicir para el titulada Roi Queimado morreu con amor.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1180 ↔ 1250 Burgos, España |
Morte | 1250 ↔ 1350 |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de actividade | (Con vida en: 1250 ) |
É autor de cincuenta e tres textos: trinta e cinco cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, trece cantigas de escarnio e maldicir, unha sátira literaria, un partimén e unha tenzón escrita co xograr Lourenço, esta última de dubidosa autoría.
O seu estilo caracterízase por unha tendencia cara ao exceso e a desmesura. Non dubida en colocar palabras malsoantes e obscenas, e até mesmo algunhas de carácter insólito (neoloxismos, arcaísmos e occitanismos). Empregaba con habilidade a retórica a maila ironía, innovando o xénero da cantiga de amor dándolle máis vivacidade. Non foi ao chou que a súa preferencia fosen as cantigas de amor.
Os obxectivos das súas sátiras foron sobre todo trobadores, xograres, soldadeiras (María Balteira e María Negra), amais de maxistrados, que non escaparon de seren acusados de avaricia e pederastia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pero Garcia Burgalês |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Pero Garcia Burgalês |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.