Percé

From Wikipedia, the free encyclopedia

Percémap

Percé ou Sigsoq[1] [2] é unha municipalidade con status de vila[3] que se localiza nas proximidades da punta da península de Gaspé no Quebec. Membro da Asociación das máis fermosas vilas do Quebec, é un destino turístico importante, en especial coñecido polo seu penedo e pola illa Bonaventure. Alén da propia vila de Percé o territorio da municipalidade tamén inclúe as comunidades de Barachois, Belle-Anse, Bougainville, Bridgeville, Cap-d'Espoir, Cannes-de-Roches, Coin-du-Banc, L'Anse-à-Beaufils, Pointe-Saint-Pierre, Rameau, Saint-Georges-de-Malbaie e máis Val-d'Espoir. Percé é a sede do distrito xudicial de Gaspé[4].

Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...
Percé
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 48°32′N 64°13′O
EstadoCanadá
ProvinciaQuebec
RexiónGaspésie-Îles-de-la-Madeleine (pt)
Concello rexionalLe Rocher-Percé (pt)
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.095 (2021) (5,62 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie550,3 km²
Comparte fronteira con
Gaspé (pt)
Creación1 de xaneiro de 1971

Sitio webville.perce.qc.ca
Pechar

Historia

A zona formaba parte das terras tradicionais dos micmac, que lle chamaban ao lugar Sigsôg ("cantís espidos" ou "rochas escarpadas"). En 1603, Samuel de Champlain visitou o lugar e chamou á súa famosa rocha ille Percée ("illa furada"). Durante o século XVII os europeos usaron o lugar principalmente como escala para os barcos que viaxaban a Quebec. [2]

Thumb
Unha vista da illa Percé, unha rocha notable no golfo de St. Laurence a dúas leguas ao sur da baía de Gaspé, obra de Hervey Smyth (1760)

Foi un centro de pesca estacional na colonia francesa de Nova Francia e os micmacs locais, total ou parcialmente, convertéranse ao catolicismo xa que o 6 de maio de 1659 ao facer escala na localidade o primeiro bispo do Quebec, François de Montmorency-Laval, e celebrar a primeira misa pontifical de Nova Francia[5] confirmou algunhas ducias de micmacs[6]. En 1690 os británicos atacaron Percé capturaron a súa frota pesqueira[7][8]. Entre 1784 e 1792 chegaron a Percé e á súa rexión familias norteamericanos lealistas de orixe inglesa e irlandesa[9]. A principios do século XIX coa chegada de irlandeses, francocanadenses e nativos de Jersey converteuse nun establecemento permanente. En 1801 formouse a parroquia de Saint-Michel-de-Percé. [2] A compañía pesqueira de Charles Robin fundou alí un dos seus establecementos pesqueiros. En 1842 estableceuse a vila de Percé e tres anos despois transformouse en municipalidade vilega.[2]

Durante a segunda guerra mundial en 1942 a Mariña Real do Canadá tomou a decisión de ampliar a estación de interceptación de Cap d'Espoir a unha base de 24 horas para mellorar a información sobre o paso de submarinos alemáns e interceptar o tráfico de radio inimigo. O Departamento de Transportes puxo as súas instalacións a disposición da RCN. En maio de 1945, o Servizo Naval do Canadá aprobou o peche e eliminación das estacións de interceptación de Harbour Grace e Cap d'Espoir.

En 1971 ao se fusionar coas municipalidades de Barachois (que se formara en 1953), Bridgeville (1933), Cap-d'Espoir (1935), Saint-Pierre-de-la-Malbaie N°1 (1876) e Saint-Pierre-de-la-Malbaie N°2 (1876) gañou o status de ville (vila) e adquiriu a súa actual configuración.

Demografía

Máis información Ano, Poboación ...
Serie de poboación histórica de Percé
Ano197619811986199119962001200620112016
Poboación519848394686402839933614341933123103
Pechar
Máis información Lingua materna segundo o censo do Canadá - Percé, Quebec, Censo ...
Lingua materna segundo o censo do Canadá - Percé, Quebec
Censo Total
Francés
Inglés
Inglés e francés
Outras
Ano Respostas Número Tendencia Pop % Número Tendencia Pop % Número Tendencia Pop % Número Tendencia Pop %
2016
3 080
2 415 78.40% 610 19.80% 30 1% 15 0.50%
2011
3 310
2 595 Decrecente 3.7% 78.40% 665 Crecente (crecemento) 3.1% 20.09% 40 Crecente (crecemento) 166.7% 1.21% 10 Decrecente 84.6% 0.30%
2006
3,420
2 695 Decrecente 6.9% 78.80% 645 Decrecente 7.9% 18.86% 15 0.0% 0.44% 65 Crecente (crecemento) n/a% 1.90%
2001
3,610
2 895 Decrecente 8.7% 80.19% 700 Decrecente 0.7% 19.39% 15 Decrecente 75.0% 0.42% 0 Decrecente 100.0% 0.00%
1996
3,950
3 170 n/d 80.25% 705 n/d 17.85% 60 n/d 1.52% 15 n/d 0.38%
Pechar

Relixión

A principal confesión da municipalidade é o catolicismo en Percé funcionaba unha misión católica dende 1670[10]. En 1860 a misión de Percé mudou a parroquia e entre 1900 e 1903 erixiuse a igrexa de San Miguel. En 1922 ao se erixir a diocese de Gaspé Percé pasou a depender dela. Ademais de Percé contan con parroquias propias as localidades de Barachois (igrexa de San Pedro), Cap d'Espoir (igrexa de San Xosé) e Val d'Espois (igrexa de San Francisco de Sales) e ademais conta con igrexa en Malbaie dedicada a San Xurxo. A outra confesión que conta con lugares de culto en Percé é o anglicanismo, porén tan só 190 persoas declaraban ser desa confesión en 2001[11]. Percé pertence á diocese do Quebec da igrexa anglicana do Canadá e conta con congregacións en Percé (igrexa de San Pablo), Barachois (igrexa de San Pablo), Coin-du-Bac (igrexa de San Lucas) e Malbaie (igrexa de San Pedro).

Turismo

Thumb
A penedo Percé dende o monte Sainte-Anne
Vista aérea de Percé

O penedo Percé é unha gran formación rochosa que se sitúa preto da beira da costa, fronte á vila. Constitúe unha atracción turística natural polo seu tamaño, cor e polo seu feitío pouco habitual, ao xeito dun burato en forma de porta nun dos cabos da rocha. Pódese ver dende calquera dos miradoiros da zona, como o Mont Joli, Mont Sainte-Anne ou o Pic de l'Aurore. Percé está recoñecido xeoparque recoñecido pola UNESCO en 2018[12], o primeiro do Quebec[13].

A rexión alberga milleiros de aves mariñas, que ateigan as rochas do parque nacional da illa Bonaventure e do penedo Percé fronte á vila, e así a illa Bonaventure ocupa unha superficie de 4,16 km2 fronte á vila de Percé. Habítaa unha das colonias de mascatos máis importantes do mundo e moitas outras especies de aves téñena como fogar e lugar de cría, entre eles os araos papagaios, corvos mariños ou os araos dos cons[14].

A observación de cetáceos tamén é unha atracción popular na zona, sobre todo a procura das baleas francas setentrionais, unha das baleas máis raras, e que comezaron a se concentrar en Percé en 1995, cando anterioremente fora un visitante esporádico no golfo de San Lourenzo pero que viu un aumento gradual dende 1998[15], principalmente na península de Gaspé[16].

Máis no interior de Percé atópase o Mont Blanc que ten unha profunda crevasse, así como moitos outros miradoiros con vistas a Cannes-de-Roches. O monte Sainte-Anne, cunha altura de 375 metros, ofrece vistas ao mar e, en épocas de boa visibilidade, pódese ver a illa Miscou en Novo Brunswick.

Les Percéides, festival anual de cinema de Percé, proxecta unha serie de películas durante unha semana en diversos locais da vila, que teñen o seu cume nunha proxección de gala ao aire libre na praia pública.

Transporte

Thumb
Estrada 132 ao seu paso por Percé

A estrada 132 atravesa todo o territorio e a estrada Lemieux permite arrodear a vila de Percé. Os autobusés de Orléans Express efectúan unha vez ao día o traxecto Montreal-Gaspé et Gaspé-Montreal, con parada en Percé.

O tren Chaleur de VIA Rail realizaba tres veces por semana o servizo entre Montreal e Gaspé, non obstante no ano 2013 cancelouse. O goberno do Quebec converteuse en maio de 2015 no propietario do ferrocaril de Gaspé e a partir de 2017 principiou a rehabilitación da vía férrea e hai plans para a volta do servizo de pasaxeiros en 2015.[17]

A partir de 2012, a Régie inter-municipale de transport Gaspésie – Îles-de-la-Madeleine (RÉGÎM) é o responsable deorganizar os servizos de transporte interurbano. no territorio de Gaspésie-Les Îles[18]

Tamén se pode acceder por vía aérea dende o aeroporto Du Rocher-Percé mediante avións privados ou chárter, ao non existir un servizo aéreo regular.

Economía

O principal sector económico da municipalidade é o turismo, arredor de 60 000 visitantes pasan cada ano ao pé do penedo de Percé.

Administración local

Alcaldes:

  • Georges Mamelonet (2003–2008)
  • Denis Cain (2009–2009)
  • Bruno Cloutier (2009-2013)
  • André Boudreau (2013-2017)
  • Cathy Poirier (2017- )


Notas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.