O Penny Black foi o primeiro selo postal da historia, emitido polo Reino Unido o 1 de maio de 1840 e válido para uso postal dende o 6 de maio por iniciativa de Rowland Hill logo da reforma do sistema postal británico destinado a facer pagar ao expedidor segundo o peso do envío, e non ao destinatario e segundo a distancia como ata entón. O selo leva a efixie da raíña Vitoria.

Máis información Selo, Emisión ...
Selo
Thumb
Emisión
PaísGran Bretaña
Valor facial1 penique
Data de emisión6 de maio de 1840
Datos
MotivoRaíña Vitoria
Cornegra
Tamaño19x23 mm
DeseñoW. Wyon
GravadorFredrick Heath
Técnica de gravadoTalla doce
DentadoSen dentar
Variedadesningunha
Tiraxe
Tiraxe68.808.000
Pechar

Características

Para o seu deseño convocouse un concurso no que participaron máis de 2000 deseños e para o que había un premio de 600 libras, mais non houbo un gañador. O deseño base foi un medallón de William Wyon realizado en 1837 para conmemorar a visita da raíña a Londres, foi pintado por Henry Corboull, gravado por Frederick e Charles Health e impreso por Perkins Bacon. Tivo unha primeira tiraxe de 60.000 exemplares, pero ata ser retirado da circulación, en 1841, emitíronse 68.000.000 de exemplares, dos que se calculan que sobreviven 1.500.000.

Cada selo amosa as coordenadas do lugar que ocupaba inicialmente na folla de impresión. Esas coordenadas fórmanse con dúas letras, unha pola liña e outra pola columna: de AA a TL, que aparecen nos recantos dos selos e que permiten aos filatelistas reconstruír as follas completas dos primeiros selos británicos.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.