director de cine catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro Costa Musté, nado en Barcelona o 19 de agosto de 1941 e finado en Torrelodones o 8 de xuño de 2016, foi un guionista, produtor e director de cine e televisión catalán. Dirixiu, produciu e escribiu guións de varias curtametraxes, longametraxes e series de televisión, destacando como cronista de sucesos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1941 Barcelona, España |
Morte | 8 de xuño de 2016 (74 anos) Torrelodones, España |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Obra | |
Obras destacables
| |
En 1958 iniciou a carreira de Ciencias Económicas e dirixiu o Teatro Español Universitario da súa facultade. En 1962 matriculouse en Dirección na Escola Oficial de Cinematografía, diplomatura que rematou en 1968. No outono de 1967 lanzou un Manifesto en que propuña "a creación dun cine libre e independente de calquera grupo político ou burocrático" nunhas xornadas en Sitges impulsadas por el mesmo.
A censura impediulle sacar adiante as súas dúas primeiras películas, Romance de Lucio (1966) e El príncipe y la huerfanita (1968), polo que decidiu ao xornalismo. Comezou como cronista de sucesos no semanario El Caso. En decembro de 1970 escribiu unha crónica sobre o Proceso de Burgos que tivo gran repercusión, e pasou a ser periodista de investigación na revista Cambio 16. En 1974 lanzou a revista Posible, de información política, canda a Cuco Cerecedo, Miguel Ángel Aguilar e Alfonso Palomares. Ao tempo, creou API, un boletín clandestino independente.
En 1977 Antonio Asensio Pizarro contratouno para lanzar Interviú, e en 1980 marchou aos Estados Unidos como correspondente do Grupo Zeta. Regresou a España en 1982 e coa chegada do PSOE ao goberno retomou o cine.
Además de escribir os guións das súas películas, colaborou nos dos seguintes filmes, que tamén produciu:
En 1983 creou Pedro Costa Producciones Cinematográficas.
Escribiu, produciu e dirixiu series de televisión, películas para televisión e documentais entre outros. O seu labor na televisión foi recoñecido con varios premios.
Mellor Produtor do Cine Español concedido por EGEDA (1998)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.