pazo en Vista Real (Cañás, Carral) From Wikipedia, the free encyclopedia
O pazo de Cañás ou torre de Pardo Bazán era unha construción situada no lugar de Vista Real, parroquia de Cañás, no concello de Carral. Actualmente non queda ningún resto desta edificación.[1]
Pazo de Cañás | |
---|---|
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A orixe desta casa está relacionada da herdanza de Juan Cotón, reitor de San Xoán Apóstolo en Santiago. No seu testamento do 28 de xullo de 1615, deixoullo aos fillos do seu sobriño Andrés Pensado e a súa muller María de Andrade. Nese mesmo ano debeu de morrer Juan Cotón, e Andrés Pensado e a súa muller administran os bens desta herdanza ata a súa morte.
Joaquina Ribera Pardo (1778-1849), bisavoa de Emilia Pardo Bazán, naceu no pazo e herdouno. Despois pasou a mans da súa segunda filla, Joaquina Mosquera Ribera (†1848), que casou en primeiras nupcias con Miguel Pardo Bazán (†1839), e despois de enviuvar, casou de novo con Juan Rey Perfume (†1848).[2]
En 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural, co código RI-51-0008834.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.