Remove ads
escritor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Paul Morand, nado en París o 13 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 23 de xullo de 1976, foi un novelista, ensaísta, poeta e diplomático francés. Está considerado un dos pais do estilo moderno en literatura, así como un referente da denominada dereita literaria francesa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
Un peso importante na vida de Morand recaeu na figura do pai, Eugène, quen ocupara en París varias funcións vinculadas á arte: conservador do Depósito de mármores en 1902, director da Escola Nacional Superior das Artes Decorativas en 1908. Frecuenta así mesmo os poetas, tal que o círculo de Mallarmé, os artistas e os escultores, entre eles Rodin. Paul Morand viaxou repetidas veces a Londres durante a súa mocidade en 1902, 1903, 1904, 1908, 1909 e 1913. Visita tamén Venecia e, cada verán, queda durante un mes preto do Lago de Como.
Suspendeu o oral de filosofía no bacharelato, en 1905. Jean Giraudoux converteuse no seu preceptor e Paul transformouse daquela nun alumno asiduo. Ingresa na Escola Libre de Ciencias Políticas. Máis tarde acadou un posto na Plataforma de Orsay e comezou a frecuentar os medios literarios, coñecendo alí a Marcel Proust e compondo os seus primeiros poemas, malia que non será até 1921 cando verdadeiramente lle finque o dente á literatura coa publicación da súa primeira obra en prosa, Tenras existencias, un libro de noticias prologado por Proust.
Nos anos 1920-30, escribe numerosos libros, relatos de viaxe, novelas breves e noticias, que chocan polo tallante do estilo, o xenio da fórmula e a vivacidade do relato, pero tamén pola fina descrición dos países visitados polo autor ou máis polas rigorosas descricións dos seus personaxes, xeralmente grandes burgueses cultivados e exquisitos.
Un dos feitos notables da vida de Morand é a súa actitude durante a segunda guerra mundial, é dicir, a súa proximidade ao réxime de Vichy.
Despois de ser xubilado de oficio en 1940, é nomeado, no momento da volta de Pierre Laval ao goberno en 1943, embaixador de Francia en Romanía, país da súa esposa, Hélène Soutzo, grega de Trieste e princesa romanesa. De aí muda cara a Suíza, e ao remate da Guerra erixise en embaixador francés en Berna, feito que despois sería revogado e lle habería valer o exilio, tamén en Suíza.
Nos anos de exilio, Morand conságrase á Literatura, marcada esta sobre todo por un interese renovado pola Historia. Vólvese tamén, con Jacques Chardonne, o modelo e o protector dunha nova xeración de escritores, que se coñece como os Húsares.
A súa actitude durante a Guerra supúxolle unha forte inimizade co xeneral de Gaulle, protector da Academia, que impediu durante moito tempo a súa entrada na Academia francesa. Porén, entrou nela o 24 de setembro de 1968, na cadeira de Maurice Garçon, un dos seus máis feroces adversarios no momento da elección malograda de 1958.
Morand morreu no hospital Laennec en París; as súas cinzas foron entón mesturadas coas da súa esposa, morta ano e medio antes, en Trieste, a súa cidade natal.
Paul Morand destacou coma escritor prolífico e moi variado. Tirante a correspondencia e algúns libros de difícil clasificación, velaquí a listaxe da súa obra por orde cronolóxica:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Morand |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.