Paraná, Arxentina
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Paraná é a cidade capital da provincia de Entre Ríos, República Arxentina. Atópase no centro-leste do país, sobre a marxe esquerda do río Paraná.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | Provincia de Entre Ríos | |||
Departamento da Argentina (pt) | Paraná (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 247.863 (2010) (1.809,22 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 137.000.000 m² | |||
Altitude | 66 m | |||
Organización política | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Paraná (en) | |||
Órgano lexislativo | Deliberative Council of Paraná (en) , (Escano: 17) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | E3100 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 343 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | parana.gob.ar |
Posúe 137 km² e unha poboación de 247 863 habitantes, segundo datos definitivos do censo de 2010[1], sendo a cidade máis poboada da provincia. Ademais, é o principal compoñente do aglomerado chamado Gran Paraná. Xunto ao Gran Santa Fe conforman unha área urbana de máis de 850 000 habitantes, unidas por un túnel que atravesa o río. É a décimo cuarta poboación máis grande do país.
Paraná foi formándose na época da colonización española, pero non foi fundada como cidade, senón que a súa formación foi gradual. Entre 1853 e 1861 foi a capital da Confederación Arxentina.
Administrativamente é un municipio cabeceira do departamento Paraná, comprende unha área rural e a localidade do mesmo nome. Desde 2009 existe unha zonificación da cidade, a través de catro unidades relativamente autónomas.
O topónimo da cidade provén do río Paraná, en cuxa beira se encontra. A expresión deriva da lingua tupí-guaraní pará = "mar" e ná = "parente". Paraná é, entón "parente do mar", en relación ao seu tamaño.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.