From Wikipedia, the free encyclopedia
A 76ª edición da París-Niza disputouse en Francia entre o 4 e o 11 de marzo de 2018. Foi a sexta proba pertencente ao UCI WorldTour 2018.
A carreira comezou cun prólogo 6'1 km en Conflans-Sainte-Honorine e finalizou como case sempre en Niza. A París-Niza foi a segunda proba do calendario do UCI WorldTour 2016.
A carreira venceuna o ciclista catalán, Marc Soler. O do Movistar Team arrincaba a última tirada da volta a 37 do líder naquel momento, Simon Yates, e estando na sexta posición da xeral. Soler atacou mediada a etapa xunto ao tamén catalán David de la Cruz, aos que se uniu o vasco Omar Fraile[1]. Os tres españois consolidaron unha renda de 38 segundos en meta. Mentres de la Cruz e Fraile disputaron a vitoria parcial ao sprint na cidade de Niza, Soler entraba 3 segundos despois, 35 por diante de Yates pero aproveitándose das bonificacións para alzarse co triunfo da "Ruta do Sol". Ademais, o de Vilanova i la Geltrú fíxose co maillot branco dos corredores novos. Finalmente, o británico Simon Yates finalizou segundo e o vasco Gorka Izagirre terceiro, co seu irmán Ion cuarto, a 2 segundos grazas ás bonificacións
No resto das clasificacións os vencedores foron: Tim Wellens no maillot verde da regularidade, Thomas De Gendt no dos puntos da montaña e o Bahrain-Merida na clasificación dos equipos.
Participaron 25 equipos de 7 ciclistas: os 18 do UCI WorldTour (participación obrigatoria) e 4 franceses de categoría Profesional Continental.
Etapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
---|---|---|---|---|---|
1.ª | 4 de marzo | Chatou - Meudon | 135 | Arnaud Démare | Arnaud Démare |
2.ª | 5 de marzo | Orsonville - Vierzon | 187,5 | Dylan Groenewegen | Arnaud Démare |
3.ª | 6 de marzo | Bourges - Châtel-Guyon | 210 | Jonathan Hivert | Luis León Sánchez |
4.ª | 7 de marzo | La Fouillouse - Saint-Étienne | 18,4 | Wout Poels | Luis León Sánchez |
5.ª | 8 de marzo | Salon-de-Provence - Sisteron | 165 | Jérôme Cousin | Luis León Sánchez |
6.ª | 9 de marzo | Sisteron - Vence | 198 | Rudy Molard | Luis León Sánchez |
7.ª | 10 de marzo | Niza - Valdeblore | 175 | Simon Yates | Simon Yates |
8.ª | 11 de marzo | Niza - Niza | 110 | David de la Cruz | Marc Soler |
A seguinte táboa amosa os dez mellores clasificados da xeral á fin da carreira:
Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Marc Soler | Movistar | 30h 22' 41" | |
2 | Felix Großschartner | Bora | + 2' 35" |
3 | Richard Carapaz | Movistar | + 3' 47" |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.