Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Palacio das Cortes (en castelán: Palacio de las Cortes) é o edificio que alberga o Congreso dos Deputados, unha das dúas Cámaras das Cortes Xerais, o Parlamento español. Está situado na Praza das Cortes de Madrid, entre a rúa Zorrilla e a Carrera de San Jerónimo, a escasa distancia do Paseo del Prado. É un dos edificios emblemáticos do Madrid do século XIX, de estilo neoclásico.
Palacio das Cortes | |
---|---|
Palacio das Cortes | |
Edificio | |
Coordenadas | 40°24′59″N 3°41′48″O |
Uso(s) | Congreso dos Deputados |
[ editar datos en Wikidata ] |
No espazo que ocupa o Palacio das Cortes situábase outrora o convento do Espírito Santo, da Orde de Clérigos Menores, o cal sufriu un grave incendio en 1823. Coa chegada en 1834 do réxime liberal, o goberno moderado de Francisco Martínez de la Rosa decidiu que as súas reunións celebrásense provisionalmente na igrexa do convento. Ao asumir o Partido Progresista o poder, tomouse a decisión de construír un novo edificio en substitución do edificio relixioso enfronte da Praza das Cortes.
O proxecto foi elaborado e executado polo arquitecto Narciso Pascual Colomer, iniciándose o 10 de outubro de 1843 e sendo inaugurado o 31 de outubro de 1850 pola raíña Isabel II. Durante os sete anos que duraron as obras os deputados víronse obrigados a reunirse no Salón de baile do Teatro Real de Madrid.
Nos anos 1980 sufriu a súa primeira ampliación das súas dependencias, construíndose no quinteiro adxacente, na que outrora se situou Hospital de Italianos entre 1598 e 1885, un edificio que comunica co orixinal mediante unha ponte sobre a rúa de Floridablanca. Dita ampliación foi inaugurada polos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía o 28 de maio de 1980.
Máis tarde, en 1994, sufriu unha nova reforma e ampliación; así mesmo o 1 de xuño de 2006 concluíuse a última ampliación, sobre as antigas sedes de dúas entidades bancarias, as do Banco Exterior de España e o Banco de Crédito Industrial (Casa de Rivas).
En 2009, durante unhas obras de saneamento e rehabilitación do soto do Congreso dos Deputados, atopáronse restos humanos moi antigos. Unha das posibilidades sobre a súa orixe é que procedan dun antigo cemiterio do convento sobre o que está construído o edificio.
O Palacio foi escenario varios dos acontecementos políticos máis destacados de España durante os séculos XIX e XX, particularmente desde a instauración da democracia no ano 1978. Entre eles, as proclamacións dos reis Xoán Carlos I (1978) e Filipe VI (2014), a apertura solemne das lexislaturas, e os velorios dos expresidentes Leopoldo Calvo-Sotelo e Adolfo Suárez; así como o intento de golpe de estado do 23 de febreiro de 1981.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio das Cortes |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.