Padornelo, Lubián
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Padornelo é unha localidade española do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Concello | Lubián | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 1.325 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49574 | |||
Atópase situado na bisbarra de Seabra, e dentro dela na sub-bisbarra chamada As Portelas. Forma parte da área galegofalante da provincia de Zamora.
Pode pórse en relación co moi estudado topónimo Padrón, variante de 'pedrón', talvez influído por 'padre', e cuxo significado debe de ser coincidente: pedra delimitadora, mouteira, miliario, menhir, e nalgún caso, roca natural destacada. No contexto deste lugar, a famosa portela que atalla alí a serra dando paso á "malísima verea de Benavente a Ourense" (Madoz), sería dende época protohistórica un lugar de deslinde. De aí que caiba inclinarse pola interpretación arqueolóxica do nome do lugar, como alusión a unha pedra de delimitación xurisdiccional, probablemente antiquísima.[1][2][3]
É unha localidade da provincia de Zamora. Está situado ao oeste do porto que leva o seu mesmo nome (Portela do Padornelo, situada a 1360 m), entre as montañas da Serra Gamoneda e da Serra Segundeira [4].
O lugar ten clima de montaña, con veráns suaves e invernos duros e fríos, podendo a temperatura baixar dos -10 °C.
A súa localización, a 1.325 msnm, levou a que os seus edificios se distingan por un carácter sinxelo e sobrio, cos que combater as inclemencias climáticas ás que se ve sometido no inverno.
As nevadas invernais poden ser moi intensas (a neve pode chegar a ter máis de 1,5 m de espesor), podendo esmagar arbustos e árbores pequenas ou cubrir muros e rúas enteiras.
De entre os seus edificios sobresae a igrexa, en especial a súa espadana.
Moi preto do lugar atópase unha cheminea de ventilación de 240 m de profundidade que comunica o exterior co túnel ferroviario de Padornelo (aínda coñecido nalgunhas zonas da bisbarra como "Túnel 12").
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.