numismático dinamarqués From Wikipedia, the free encyclopedia
Otto Mørkholm, nado o 28 de xullo de 1930 en Copenhague e finado o 16 de xullo de 1983 en Frederiksberg, Selandia, foi un numismático dinamarqués.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1930 Copenhague, Dinamarca |
Morte | 16 de xullo de 1983.52 anos Frederiksberg. Dinamarca |
País de nacionalidade | Dinamarquesa. |
Educación | Universidade de Copenhague. Universidade de Aarhus. |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Premios | |
- (1981): Medalla Huntington (ANS). - (1982): Medalla da RNS. |
Otto Mørkholm estudou Filoloxía e Historia Clásica na Universidade de Copenhague, onde se graduou en 1955. En 1966 acadou o seu doutoramento na Universidade de Aarhus.[1]
En 1959 comezou a traballar, en Copenhague, na Colección Real de Moedas e Medallas (Kongelige Møntog Medaillesamling), organismo do que foi director desde 1960 ata a súa morte en 1983.[1]
Paralelamente, entre 1967 e 1982, Mørkholm exerceu como profesor de Historia Antiga e Numismática na Universidade de Copenhague.[1]
De 1965 a 1979 foi secretario da Comisión Internacional de Numismática.[1]
Nos seus estudos, Mørkholm centrouse principalmente na moeda da Antiga Grecia, sinaladamente na do período helenístico. Entre as súas publicacións cómpre salientar un completo traballo sobre as moedas de Antíoco IV de Siria e, como publicación póstuma, un profundo estudo acerca das primeiras emisións helenísticas.[1][3]
Xunto con Margaret Thompson e Colin M. Kraay, publicou o texto de referencia para o estudo dos tesouros monetarios de Grecia. Os fondos da Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca, que el dirixiu, figuran nos nove volumes do Sylloge Nummorum Graecorum.[1][4]
Esta é unha selección das monografías máis significativas publicadas por Mørkholm ao longo da súa traxectoria académica.[7]
Esta é unha escolma dos artigos publicados por Mørkholm en revistas numismáticas de diversos países:[7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.