Os Inválidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Inválidos (en francés Hôtel des Invalides) é un edificio do século XVII (1671-1676) situado no sétimo distrito de París a 400 metros da Escola Militar e alberga hoxe en día o museo do Exército.
O edificio foi construído por orde do Rei Lois XIV de Francia para os veteranos inválidos de guerra que ficaban sen fogar. Os planos son de Libéral Bruant, e a construción foi levada a cabo por Jules Hardouin-Mansart.
Alberga os restos de Napoleón Bonaparte, que foron trasladados da Illa de Santa Helena a París en 1840, por iniciativa do rei Lois Filipe de Orleáns. Dende 1940 contén tamén os restos do seu fillo, o chamado Rei de Roma, do seu irmán Xosé I de España, así como os de varios mariscais, entre eles Lyautey, Foch e Leclerc.[1]
O conxunto arquitectónico destaca pola dourada cúpula (o domo, le Dôme) da capela San Luís (Saint Louis), que Lois XIV mandou construír para uso privado do rei e como mausoleo real, aínda que posteriormente non chegou a aloxar os restos de ningún rei de Francia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.