From Wikipedia, the free encyclopedia
A Orquestra Nacional de España (ONE) é unha orquestra sinfónica española. Ten a súa sede en Madrid, no Auditorio Nacional de Música.
Orquestra Nacional de España. Auditorio Nacional. Madrid, 14-01-2024 | |
Alcume | ONE |
---|---|
País | España |
Cidade | Madrid |
Teatro | Auditorio Nacional de Música |
Anos de actividade | 1940 - actualidade |
Tipo de formación | Orquestra sinfónica |
Xénero | Música clásica |
Enderezo | rúa do Príncipe de Vergara, 146 |
Circunstancias de creación | Fusión da Orquestra Sinfónica de Madrid e a Orquestra Filharmónica de Madrid 20 de xuño de 1940 |
Distincións honoríficas | Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes |
Sitio web | http://ocne.mcu.es |
O Organismo Orquesta y Coro Nacionales de España (OCNE) engloba os dous conxuntos estatais de música sinfónico-coral do Ministerio de Cultura e Deporte. Cómpre destacar a tarefa de difusión da música española e o recoñecemento que lle deu aos xoves compositores españois estreando as súas obras. Está integrada no Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM), do Ministerio de Cultura e Deporte. Actualmente (2021) seu director titular e artístico é David Afkham.
A miúdo actúa conxuntamente co Coro Nacional de España. Actualmente é membro, entre outras, das seguientes asociacións: Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS), Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM), International Association of Music Libraries, Archives and Documentation Centres (IAML) e Major Orchestra Librarians' Association (MOLA).
A Orquestra Sinfónica de Madrid foi fundada en 1903 baixo a dirección de Alonso Cordelás. Esta oquestra foi a sucesora da Sociedad de Conciertos de Madrid (fundada en 1866 por Barbieri e que, tras unha crise económica importante e irreconciliábeis desavinzas entre os mestres, quedou disolta en 1903) e a Orquestra Filharmónica de Madrid, fundada en 1915 polo mestre Bartolomé Pérez Casas foron as encargadas de dar vida musical a Madrid, así como algunha xira polo territorio até o principio da guerra civil.
Xa en 1931 Adolfo Salazar alertara sobre a necesidade da creación dunha orquestra que traballara cun rigor e unha calidade que só se podía encontrar na estabilidade laboral dos seus membros. Por Orde Ministerial de 24 de xullo de 1937 o goberno republicano creou a Orquestra Nacional de Concertos, que deu o seu primeiro concerto o 8 de abril de 1938 no Gran Teatre del Liceu de Barcelona. O 6 de xaneiro de 1939, tras trinta concertos dirixidos por Pérez Casas, José Antonio Álvarez Cantos, Joan Lamote de Grignon y Bocquet e Joan Pich i Santasusana, cesou a súa actividade.
O 27 de abril de 1940 constitúese a Comisaría General de la Música e se nomea unha directiva formada por Nemesio Otaño, José Cubilés e Joaquín Turina con Federico Sopeña como axudante, unha Orde Ministerial do 20 de xuño de 1940 creaba a Orquestra Nacional cun elenco de 176 profesores pola fusión das dús orquestras madrileñas anteriormente citadas.
O 25 de xullo de 1940 no Teatro María Guerrero de Madrid esta orquestra interpretou obras de Dámaso Torres, Manuel Parada, José Muñoz Molleda, José Moreno Bascuñana, Albéniz, Turina, Rodrigo e Falla. O 11 de decembro de 1940, Jesús Arámbarri e Regino Sainz de la Maza á guitarra estrearon en Madrid o Concerto de Aranjuez.
Os concertos referencia desta época producense do día 15 de outubro ao 1 de novembro baixo a dirección de Ernesto Halffter; son catro programas diferentes de música española, a excepción de compositores afíns ao bando republicano, e a estrea do ballet Xogo de cartas de Stravinski.
A traxectoria irregular deste conxunto obrigou a convocar un concurso-oposición para crear a definitiva Orquestra Nacional, por Orde Ministerial de 17 de maio de 1941. Joaquín Turina presidiría estas oposicións xunto con Federico Sopeña (secretario), sen voto, e as probas acabaron en marzo de 1942. O primeiro concerto oficial da Orquestra Nacional de España tivo lugar o 31 de marzo de 1942 no madrileño Teatro María Guerrero, baixo a dirección do mestre portugués Pedro de Freitas Branco (esta data adoptouse como día de inicio da actividade da ONE). O programa formábano a abertura de As vodas de Fígaro de Mozart, a Sinfonía Dante de Liszt, Morte e transfiguración de Strauss, o Preludio á sesta dun fauno de Debussy e o Bolero de Ravel.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.