Organisation armée secrète

From Wikipedia, the free encyclopedia

Organisation armée secrète

A denominada Organización Armada Secreta (OAS) (Organisation armée secrète en francés) foi unha organización terrorista francesa de extrema dereita dirixida polo xeneral Raoul Salan, nada en 1961 tralo intento de golpe de Estado de Maurice Challe, André Zeller e Edmond Jouhaud.

Datos rápidos Tipo, Ideoloxía política ...
Organisation armée secrète
Thumb
Thumb
Thumb

Tipoorganización armada
Ideoloxía políticaNacionalismo francés
Personalidades
Presidente/aEdmon Jouhaud
Raoul Salan
Maurice Challe
Data
Fundación11 de febreiro de 1961
Disolución1963
[ Wikidata ]
Pechar

Historia

Inmediatamente posterior ao referendo que permitiu a autodeterminación alxeriana, a OAS foi un grupo terrorista armado que atentou contra institucións francesas alxerianas e asasinou a cidadáns europeos e árabes tanto en África como en Europa.

Nas súas filas contou cun elevado número de militantes conservadores, dereitistas e fascistas, recrutados principalmente en Orán e Alxer. Tralo fracaso dos seus plans contra Charles de Gaulle e o independentismo alxeriano, a maioría dos seus membros exiliáronse no sur de Francia. Canto aos seus dirixentes, moitos, como Pierre Lagaillarde, Jacques Soustelle, Jean Garden, Alin Sarrien ou Raoul Salan refuxiáronse en España.

Francia foi a partir dos 60 belixerante coa OAS, porén, recibiran moita colaboración da policía e do exército en Alxeria.

A partir dos acordos de Evian e de varios atentados en Francia, o estado francés creou un grupo especial de intelixencia para desarmar á OAS. En Alxeria coñecíaselles co alcume de barbouzes polas barbas postizas que empregaban.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.