Orbcomm é unha constelación comercial de satélites de comunicacións pertencente a Orbital Communications Corp.[1]

Características

A constelación Orbcomm está pensada para ofrecer servizos de mensaxería global e de transmisión e recepción de datos. As mesaxes envíanse aos satélites, que as retransmiten a estacións de terra.[1]

O sistema componse de 36 satélites de primeira xeración lanzados entre 1995 e 1999 e satélites lanzados posteriormente para aumentar a capacidade e renovar a frota de satélites.[1]

Orbcomm-X e CDS 1 e 2

Orbcomm-X e Orbcomm CDS 1 e 2 foron tres satélites experimentais lanzados para probar compoñentes da primeira xeración de satélites Orbcomm. Orbcomm X fallou despois de ser posto en órbita, mentres que Orbcomm CDS 1 e 2 usáronse para estudar o uso da frecuencia VHF a nivel global, medindo densidade, niveis de potencia e interferencia arredor de toda a Terra. Foron lanzados entre 1991 e 1993.[2]

Orbcomm FM1 a FM43

Lanzáronse 36 Orbcomm de primeira xeración de 43 planeados. O resto foron cancelados, e un dos lanzados o foi baixo o nome TACSAT 1. Os Orbcomm de primeira xeración usaban o bus Microstar, tiñan masas de entre 40 e 45 kg e foron lanzados mediante foguetes Pegasus entre 1995 e 1999 excepto un lanzamento mediante un foguete Taurus.[3]

Orbcomm CDS 3

Orbcomm CDS 3 (Concept Demonstration Satellite) foi un único satélite de probas lanzado para dar servizo do sistema Orbcomm e probar un novo bus (Sterkh) para a seguinte xeración de satélites Orbcomm. O satélite levaba ademais un receptor AIS para o servizo de gardacostas dos Estados Unidos. Foi lanzado o 19 de xuño de 2008 mediante un foguete Kosmos 3M. Durante a súa misión sufriu unha serie de problemas que se reproduciron nos seis seguintes satélites do mesmo modelo, polo que foron cancelados.[4]

Orbcomm FM37 a FM41

A seguinte xeración de satélites Orbcomm estaba baseada no bus Sterkh, co satélite Orbcomm CDS 3 usado como modelo de probas. Os problemas surxidos neste último satélite reproducíronse nos seis satélite que chegaron a lanzarse en produción: avarías dos volantes de inercia e o ordenador de a bordo que limitaron a capacidade destes satélites para dar servizo. Todos foron lanzados o 19 de xuño de 2008 a bordo dun mesmo foguete Kosmos 3M.[5]

Orbcomm OG2

Os dous satélites Orbcomm OG2 foron simuladores de masa lanzados como prototipos para a terceira xeración de satélies Orbcomm. Cada un cunha masa de 142 kg, serviron para afinar os novos satélites. Os dous foron lanzados a bordo de foguetes Falcon 9 en 2014 e 2015.[6]

Orbcomm FM101 a FM119

A terceira xeración de satélites Orbcomm usa o bus SN-100 de Sierra Nevada Corp.. Teñen unha masa duns 172 kg e lanzáronse 19 entre 2012 e 2015, co primeiro considerado un fallo parcial ao reentrar dous días despois de ser posto en órbita ao non acadar suficiente altura debido a problemas co foguete lanzador. Todos foron lanzados a bordo de foguetes Falcon 9.[7]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2][3][4][5][6][7] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] Notas[1][2][3][4][5][6][7]
Orbcomm X 17 de xullo de 1991 Ariane 4 Éxito
Orbcomm CDS 1 9 de febreiro de 1993 Pegasus Éxito
Orbcomm CDS 2 25 de abril de 1993 Pegasus Éxito
Orbcomm FM01 3 de abril de 1995 Éxito Pegasus-H
Orbcomm FM02 3 de abril de 1995 Éxito Pegasus-H
Orbcomm FM03 10 de febreiro de 1998 Éxito Taurus-2210
Orbcomm FM04 10 de febreiro de 1998 Éxito Taurus-2210
Orbcomm FM05 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM06 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM07 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM08 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM09 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM10 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM11 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM12 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM13 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM14 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM15 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM16 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM17 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM18 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM19 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM20 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM21 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM22 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM23 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM24 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM25 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM26 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM27 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM28 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM30 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM31 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM32 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM33 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM34 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM35 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM36 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm CDS 3 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos 3M
Orbcomm FM37 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm FM38 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm FM39 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm FM40 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm FM41 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm OG2 1 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm OG2 2 22 de decembro uño de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM101 8 de outubro de 2012 Fallo parcial Falcon 9
Orbcomm FM103 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM104 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM105 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM106 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM107 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM108 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM109 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM110 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM111 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM112 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM113 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM114 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM115 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM116 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM117 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM118 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM119 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.