Un operador móbil virtual ou OMV (en inglés, Mobile Virtual Network Operator ou MVNO) é unha compañía de telefonía móbil que non posúe unha concesión de espectro de frecuencia, e polo tanto carece dunha rede propia de radio. Para dar servizo, debe recorrer á cobertura de rede doutra empresa (ou empresas) con rede propia (un Operador Móbil con Rede, ou OMR) coa(s) que debe subscribir un acordo.

Os OMVs existen como figura comercial nun gran número de países de Europa,destacando o Reino Unido e os países escandinavos en canto a cantidade e antigüidade de OMVs existentes. En principio, poden operar en calquera das tecnoloxías de telefonía móbil existentes, como GSM, UMTS ou CDMA2000, dado que a súa existencia está ligada a un factor empresarial máis ca tecnolóxico.

Tipos de operadores móbiles virtuais

Os papeis e a relación dun OMV coa operadora móbil propietaria da rede (OMR) varía segundo a situación comercial do mercado e a regulación legal do país no que operen. En xeral, un OMV é unha entidade independente da operadora con rede que lle dá o servizo, o que permite fixar as súas propias tarifas.

Por definición, un OMV non dispón de ningunha infraestrutura de radio, ao non ter autorización legar para prestar o servizo. Así, ningún OMV disporá de estacións base propias, dando servizo ao cliente a do OMR correspondente.

Porén, en canto ao resto de infraestrutura as cousas poden ser distintas.

Xeralmente os OMV non posúen ningunha infraestrutura de GSM ou UMTS, máis aló da elaboración de tarxetas SIM, que en moitos casos incluso levan o código de rede do seu OMR ou un específico para os seus revendedores. Se un OMV depende completamente do seu OMR denomínaselle OMV revendedor (ou en inglés service provider), dado que o único que fai é pór a súa marca nas tarxetas SIM e realizar labores comerciais, carecendo absolutamente de elementos de rede. Son o tipo de OMV máis abundantes.

Outros OMVs poden dispór de departamentos técnicos propios; segundo o operador virtual en particular, pode posuír o seu propio rexistro de localización (en tecnoloxía GSM, denominado HLR) ou un centro de conmutación de telefonía móbil (MSC). Isto permite ao operador virtual gozar de maior flexibilidade, psoto que o autoriza para mudar de prestador de rede no futuro ou mesmo empregar varias redes nun mesmo país. Igualmente, e segundo o grao de independencia do operador virtual, podería dispor de departamentos de facturación. Aos OMV que dispoñen dos seus propios elementos de rede chámaselles xeralmente OMVs completos (en inglés,full MVNOs).

Situación en España

En virtude da Orde Ministerial CTE/601/2002[1] e a medida proposta pola CMT, os operadores móbiles virtuais terán acceso á rede de telefonía móbil -Movistar, Vodafone, Orange e Yoigo- e poden ofrecer servizos aos usuarios finais coa súa propia marca.

A decisión da CMT de abrir forzosamente o mercado aos operadores virtuais foi contestada por Telefónica, o operador dominante, en forma de recurso administrativo. Este recurso foi desestimado pola Sala do Contencioso da Audiencia Nacional en xaneiro de 2009,[2] confirmando a legalidade dos OMVs e insistindo no carácter de "oligopolio estreito" do mercado de telefonía móbil español.

A inmensa maioría dos operadores virtuais españois centráronse na redución do prezo, e algúns especializáronse en nichos de mercado como os inmigrantes (chamadas internacionais económicas), as empresas ou o acceso a Internet.

Listaxe de OMVs

Algúns dos OMVs existentes en España son (listaxe non exhaustiva, dada a enorme cantidade de operadores lanzados recentemente):

  • OMVs completos (con centro de conmutación e/ou HLR propios):
  • ONO io
  • DIGI.Mobil
  • Barablu
  • Fonyou.com
  • ZeroMóvil[3]
  • Amigophone[4]
  • Vectone Movil[5]
  • FlipaMovil (aínda sen operación)
  • Coa rede de Orange:
  • Simyo (E-Plus-KPN)
  • Pirata Móvil[6]
  • 40 Móvil (E-Plus-KPN) [7]
  • Revendedores:
  • Ocean's Network
  • Sweno (aínda sen operación)
  • Movineo (aínda sen operación)
  • Coa rede de Vodafone:
  • Lebara
  • Eroski Móvil
  • PepePhone (en 2015 pasouse a Movistar)
  • Hits Mobile (antigo Nukkii - Metrored Móvil)
  • Midas Mobile
  • Ventaja Móvil (British Telecom)
  • RACC Movil
  • Coa rede de Orange:
  • Carrefour Móvil (Carrefour)
  • MÁSmóvil [8]
  • Dia Móvil (Carrefour-Supermercados Dia)
  • Happy Móvil (The Phone House)
  • Cable Móvil (The Phone House)
  • Movi Data (The Phone House)
  • Jazztel Móvil (E-Plus-KPN)
  • Bankinter (E-Plus-KPN)
  • Euphony (E-Plus-KPN)
  • Talkout (E-Plus-KPN-Euphony)
  • MundiMóvil (E-Plus-KPN-Uno Telecom)
  • XL MOVIL (E-Plus-KPN-COPE)
  • Blau (E-Plus-KPN)
  • Hablafácil (E-Plus-KPN-Banco Santander)
  • Hong Da (E-Plus-KPN)
  • Brazuca Móvil (aínda sen operación)
  • LlamaYa Móvil[9]

O caso galego

En Galiza, R é o primeiro OMV. Comezou a operar o 20 de novembro de 2007 cunha mostra de 500 clientes, comercialmente dende o 3 de decembro de 2007.

Trátase dun OMV completo que funciona baixo a rede de Vodafone e dispón de todos os servizos dun operador. Na actualidade é o 4º operador de telefonía móbil en Galiza, cunha conta de mercado do 3,39 %, superando a outros operadores tradicionais con rede, como Yoigo (Yoigo e o resto de OMV suman un 2,71 %).

Ademais R vén de aliarse con Euskaltel, Telecable e Ono para conformar o 5º operador con rede propia e poder facerse con algunha das licenzas que lles permitan despregar novas tecnoloxías, como 4G.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.