Oliva, Valencia

concello da Comunidade Valenciana From Wikipedia, the free encyclopedia

Oliva, Valenciamap

Oliva é un concello da Comunidade Valenciana. Situado no sueste da provincia de Valencia, na comarca da Safor. Ten 26.190 habitantes (INE 2015).

Datos rápidos Localización, Capital ...
Oliva, Valencia
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 38°55′10″N 0°07′16″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaSafor
CapitalOliva
Poboación
Poboación25.558 (2023) (426,46 hab./km²)
Xeografía
Superficie59,93 km²
Bañado porMar Mediterráneo
Altitude25 m
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde David González Martínez (2012–2021)
Identificador descritivo
Código postal46780
Fuso horario
Código INE46181
Código ARGOS de concellos46181
Outro
Irmandado con

Sitio weboliva.es
Pechar

Xeografía

Situado no límite meridional da provincia de Valencia. Polo seu relevo xeográfico pódese dividir en tres zonas ben diferenciadas: a montaña, a chaira ocupada pola horta e a zona pantanosa ao sueste. A costa é baixa e areosa, con praias de areas finas en toda a súa lonxitude. O clima é mediterráneo.

Parte do seu termo municipal está integrado do parque natural do Marjal de Pego-Oliva.

Clima

O clima é mediterráneo de costa, con invernos suaves e quentes veranos. As temperaturas son:

Máis información Xaneiro, Febreiro ...
Temperaturas e precipitacións (en mm) de Oliva:
XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro
MAX.17º19º21º23º26º29º31º33º30º25º20º18º
MIN.10º12º14º17º21º22º23º21º16º11º
mm27,027,519,528,028,511,07,508,0043,041,032,046,0
Pechar

Entre novembro e febreiro poden chegar borrascas de aire frío que afectan a esta zona, pero as temperaturas baixan notabelmente, por exemplo, que un día de decembro estea despexado e 18 °C de máxima, e o día seguinte 14 °C de máxima e choiva. Igualmente entre maio e setembro poden chegar vagas de calor (chegan máis no verán, pero ás veces tamén en maio e setembro), por exemplo, un día de agosto con 32 °C, e un día despois 38 °C.

Núcleos de poboación

No concello de Oliva atópase tamén o núcleo de poboación de Platja d'Oliva. Oliva conta cos seguintes barrios, que se identifican coas circunscricións eclesiásticas:

  • Barri de Santa Maria.
  • Barri de Sant Roc.
  • Barri de Sant Francesc.

Localidades limítrofes

O concello de Oliva limita coas localidades de L'Alqueria de la Comtessa, La Font d'en Carròs, Piles e Vilallonga, todas elas da provincia de Valencia; L'Atzúbia, Dénia, Pego e Ondara da provincia de Alacant.

Demografía

Oliva conta cunha poboación de 27.374 habitantes (INE 2008). Un 18,32 % do seu censo está constituído por inmigrantes.

Evolución demográfica de Oliva
18571887190019101920193019401950196019701981199120002005200620072008
6.9848.7797.9569.6198.99512.17818.40713.34314.57916.77219.58020.31121.00125.31826.84427.37428.279

Monumentos

Do seu pasado histórico consérvanse o templo de Santa Maria la Major (cuns valiosos arquivos), a iIgrexa de San Roc (construída sobre a antiga mesquita), a Capela da Verge del Rebollet co antigo convento, as ermidas dos Santos Antoni e Vicent, así como as famosas chemineas no Camí dels Rejolars, e o Mercat Municipal.

Da súa época medieval consérvanse antigas torres de defensa da muralla, que separaban a vila de extramuros, o castelo de Santa Anna e o do Rebollet (destruídos por un gran terremoto en 1598), as casas nobres na Rúa Tamarit, o casco antigo, cheo de típicas casas de arquitectura valenciana. Do antigo barrio mozárabe quedan as súas canellas estreitas e sen disposición xeométrica, da que é estandarte a Rúa a Hoz, que debe o seu nome á súa forma.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.