Odontofóridos
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos odontofóridos (Odontophoridae) é unha familia de aves da orde dos galiformes.
Odontofóridos Odontophoridae Rango fósil: oligoceno-actualidade 33,9 - 0 Ma [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colinus cristatus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||
Conta con 34 especies de pequeno tamaño e aspecto é hábitos semellantes aos dos paspallases, das que 32 son propias de América,[2] desde os Estados Unidos até a Arxentina, que viven en bosques tropicais, subtropicais e temperados, así como en áreas de matogueiras, sabanas e terras de cultivo, desde o nivel do mar até os 3 300 m de altitude, e coñecidas vulgarmente, na bibliografía internacional, como paspallases americanos ou paspallases do Novo Mundo (aínda que non están relacionados filoxeneticamnte cos paspallases do Vello Mundo (do xénero Coturnix).
As outras dúas, pertencentes ao xénero Ptilopachus, de distribución africana e tradicionalmente situadas na familia dos fasiánidos, agora sábese que estás máis relacionados cos paspallases do Novo Mundo.[3][4]
Recentemente (2013) o xénero foi reclasificado por Bowie et al. dentro da familia dos odontofóridos, creando para el unha nova subfamilia, a dos Ptilopachinae, diferenciada da dos Odontophorinae (que engloba ás 32 especies de paspallases do Novo Mundo).[5]
A familia foi descrita en 1844 polo naturalista e ornitólogo e inglés John Gould.
O nome científico da familia, Odontophoridae, está formado pola unión dos elementos do latín científico Odontophor- e -ǐdae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Odonthophorus, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.
Para a etimoloxía do xénero, véxase Odontophorus.
A familia subdivídese en dúas subfamilias, cos xéneros que se indican:
Familia odontofóridos (Odontophoridae) Gould 1844 [6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.